ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Taboleiro xeral
PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO
En DOG de 18 de setembro de 2023 ven de publicarse a
Entre as 20 persoas premiadas este ano en Galicia figura María Rodríguez, do Barqueiro, que cursou o ensino primario no CEIP Francisco López Estrada, no Concello de Mañón, así como toda a ESO e o 2º curso de Bacharelato no IES de Ortigueira.
Moitos parabéns María!, e grazas por levar o nome do IES de Ortigueira a estes recoñecementos.
Preme na imaxe para acceder á nova publicada no diario de Ferrol
Normas de organización, funcionamento e convivencia
O alumnado deberá coñecer as normas de organización e funcionamento NOF, que forman parte do Plan de convivencia.
Publícase aquí toda a normativa relacionada:
O Real Decreto 732/1995, de 5 de maio polo que se establecen os derechos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros, e a LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, que regula dereitos e deberes dos alumnos, profesores e pais. Esta última lei non derroga o R.D. anterior, aínda que sí corrixe todas os aspectos del que a contradigan.
O Decreto 8/2015, que desenvolve a Lei 4/2011.
Podes descargar aquí o Documento de constatación de feitos incluido nas NOF, que inclúe o envío á Aula de Convivencia.
Publícase aquí, como orientación para o profesorado, unha recomendación de secuencia de actuación ante unha medida leve contraria á convivencia no centro.
Información sobre optativas de 3º e 4º de ESO
Preme nas imaxes para acceder a estas informacións
ENCONTROS VIRTUAIS COA USC
Como conectarse ás videoconferencias?
-
Entra nesta ligazón https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
-
Preme no grao no que estás interesado/a.
-
Preme no botón “Acceder á videoconferencia”.
-
Ábrese o Navegador e, se non tes instalado Teams, elixe “Unirse por Internet en su lugar”
-
Ábrese outra ventana e elixe “Unirse ahora”
-
Xa podes participar na Videoconferencia.
Ligazóns a procedementos
Preme nas imaxes para acceder a estas informacións
- Como reclamar a nota da ABAU? https://www.ciug.gal/PDF/ABAU2024/instruccions_nerta_alumnado_abau_2024.pdf
- Calendario admisión e matrícula na oferta ordinaria de FP http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716
- Calendario de admisión e matrícula na oferta modular de FP http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716
- Calendario de admisión e matrícula na FP básica http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10714
- Calendario de admisión e matrícula na FP Dual Intensiva http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10721
- Calendario de admisión e matrícula nos cursos de especialización http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10719
Valores de ponderación de materias da ABAU para o curso 24-25
Guía para o desenvolvemento do plan de benestar emocional
Preme na imaxe para acceder ao contido
Galicia Skills (un ouro e un bronce para o centro)
A FP Básica do centro competiu un ano máis en Galicia Skills, nas especialidades de carpintaría e ebanistaría. En Carpintaría Dani obtivo a medalla de ouro e en ebanistaría Moha obtivo a de bronce.
Moitos parabéns aos dous!
Sen dúbida estes éxitos son importantes para o seu futuro persoal e profesional.
A maiores, a necesaria promoción da F.P. como opción de futuro vese favorecida na comunidade educativa grazas a estas actividades.
Podedes ver AQUÍ e AQUÍ e AQUÍ algunhas novas en prensa.
Viaxe a París
O alumnado de Bacharelato que cursa a optativa 2ª Lingua estranxeira Francés neste curso escolar 2023/24 participou nunha viaxe cultural a París.
Ao longo da semana a rapazada puido coñecer cidades como Bordeaux,Tours, París e Poitiers.
Para sempre quedarán nas suas retinas os monumentos máis significativos desta cidade maxestuosa e sobre todo as lembranzas de momentos inesquecíbeis partillados coas súas compañeiras e compañeiros.
Porque sen dúbida "A mellor lembranza, é unha fermosa lembranza partillada con amizades."
E hai lugares onde un fica e lugares que fican nun.
Presentación para explicación de SVB e emprego do DESA
Primeiros Auxilios
No arquivo adxunto podes visualizar unha presentación do 061 para o coñecemento do SVB (Soporte vital básico) e o emprego do DESA (desfibrilador semiautomático)