ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
15 de novembro do "Día Mundial Sen Alcohol"
Con motivo da celebración o próximo 15 de novembro do Día Mundial Sen Alcohol, o programa de Estilos de Vida Saudable da Dirección Territorial de Sanidade da Coruña está organizando unha Campaña de Sensibilización en Redes Sociais e na rúa a través dunha enquisa cun soporte QR, o que permite unha rápida e ampla difusión.
Son 7 preguntas que se responden en menos de 1 minuto sobre o consumo de alcohol e a repercusión que isto poida ter en menores. A enquisa é anónima, e non deixa ningún dato referente a número de teléfono ou email desde o que se contesta. Só poden contestar maiores de idade, o que quere dicir que a enviamos para a súa difusión entre o profesorado e as familias.
Pedimos a vosa colaboración para coñecer a vosa opinión. PREME no cartaz para acceder ao cuestinario.