ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Curso 16-17
Alumnado de 1º de ESO premiado no concurso STARGAL
O alumnado da materia de Programación de 1º ESO-A, resultou recentemente gañador do concurso STARgal convocado polo IES A Cachada de Boiro.
STARgal é un concurso de videoxogos e videopoemas en galego que este ano homenaxeou a figura de Carlos Casares co gaio da celebración do día das Letras.
Os 13 alumnos e alumnas de Programación acadaron a máxima puntuación de entre todos os institutos participantes, e recibindo como agasallo, un robot Scornabot que empregarán nas súas clases para poder continuar a súa aprendizaxe de Programación e Robótica.
Noraboa !!!
Promoción do ciclo de Carpintaría e Moble no mercado dos xoves
Preme AQUÍ e AQUÍ para ver as novas na prensa
Novo recoñecemento ao alumnado de Economía e Tecnoloxía do IES de Ortigueira
O programa, organizado pola Xunta, a Fundación Alcoa e o periódico La Opinión, busca fomentar o emprendemento entre os estudantes da provincia da Coruña.
Alumnos do instituto de 4º ESO e 1º Bacharelato participaron nesta cuarta edición do concurso que se desenvolveu ao longo deste curso 2016/17.
O traballo foi coordinado polas profesoras Mariangeles Colmenero e Patricia Hermida, dende os Departamentos de Economía e Tecnoloxía; ademais contaron ca colaboración do Departamento de Madeira e Moble.
Os alumnos crearon unha miniempresa chamada Ecooikos que se adica a realizar Auditorías Enerxéticas e a desenvolver solucións sostibles e respetuosas co medioambente.
A entrega de premios tivo lugar o vernes 16 de xuño no CIFP Ánxel Casal Montealto da Coruña, e o centro ortegano acadou o terceiro premio que consistiu nunha dotación económica de 875 euros.
O primeiro e segundo premios foron para centros de Ferrol e Sada respectivamente, que presentaron unha caravana que funciona 100 % con enerxía renovable, o primeiro; e unha colección de roupa e calzado termoregulables a través do móvil, o segundo.
Preme AQUÍ e AQUÍ para ver as novas en prensa
Alumnado de varios centros de Ferrol Eume e Ortegal cantando en Navantia "Chea de Vida", con Guadi Galego
. Esta actividade xurdiu no curso CFR de Ferrol: "O coro escolar, unha actividade integradora para o alumnado". Podedes ver o vídeo premendo nesta LIGAZÓN
II Xornada de Portas Abertas Escola-Empresa do Departamento de Madeira e Moble do IES de Ortigueira
O 6 de Xuño, no IES de Ortigueira, terá lugar a II Xornada de Portas Abertas Escola Empresa, organizadas polo Departamento de Madeira e Moble do centro. No arquivo adxunto que podedes descargar (baixo a imaxe á esquerda) tedes acceso a toda a información.Nesta xornada, ademais, poderedes ver a nosa pequena vivenda que pretende promocionar e amosar ao tecido empresarial este sistema constructivo e dar así novas saídas á nosa producción madeireira.
O IES de Ortigueira en "Ciencia na Rúa"
O Departamento de Tecnoloxía do IES Ortigueira participou na XXII Edición de Ciencia na Rúa 2017 (A Coruña), que se desenvolveu no Parque de Santa Margarida, organizado polos Museos científicos Coruñeses MC2.
.
Auditoría Enerxética. O IES de Ortigueira 3º na final de Madrid
O xoves 4 de maio recibimos a visita no noso IES de dous técnicos da Fundación REPSOL que viñan a avaliar a Auditoría Enerxética levada a cabo por alumnado de 4 ESO.
Premio para o alumnado do IES de Ortigueira
«Caracoleira» do IES de Ortigueira gaña o Premio ao Mellor proxecto do "IV Emprende Xove". O centro gaña tamén dous accessit. Nesta LIGAZÓN e nesta LIGAZÓN podes ler a nova en prensa. Noraboa ao alumnado participante e ao profesorado organizador.
Un alumno do IES de Ortigueira competiu en Galicia Skills 2016
Preme AQUÍ para ver a nova na prensa.
Galiciencia 2016 IES de Ortigueira
Alumnos do IES de Ortigueira, coa profesora de Tecnoloxía en Galiciencia (Ourense), presentando o seu traballo