ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Curso 19-20
Actividades do "Día Internacional da muller"
Con motivo das actividades organizadas polo Concello e o CIM , con motivo do 8 de marzo, onte chegou ao alumnado e profesorado do IES de Ortigueira
"O día que as mulleres gobernemos o mundo todo será distinto".
Este traballo nace da colaboración entre a consultora Promove e Chévere e consiste en facer unha "charla teatralizada" sobre igualdade.
Conferencia de Iria Bellas Trasancos
O paso 11 de febreiro o alumnado de Tecnoloxía tivo a oportunidade de escoitar a Iria Bellas Trasancos, Técnico Superior en Saúde Ambiental no Laboratorio Químico de ENDESA - As Pontes.
Moitas grazas Iria por partillar con nos a túa experiencia profesional e facer posible que se xerara un debate enriquecedor co noso alumnado.
DÍA DE ROSALÍA
Alumnado do IES de Ortigueira participou o pasado luns 24 de febreiro, Día de Rosalía, nunha actividade na Residencia de persoas maiores de Ortigueira, coordinada polo Equipo de dinamización da lingua galega, en colaboración co Concello de Ortigueira, a asociación Ortigueira entre fogóns, e a asociación ASPROMOR.
Alumnas e alumnos do centro acompañaron a elaboración do "Caldo de gloria" coa lectura de poemas da nosa universal escritora. Ao rematar o acto as persoas maiores foron agasalladas cunha fermosa edición dun libro, coa que poderán ter máis presente a poesía galega no seu tempo de lecer.
Preme AQUÍ para ver máis imaxes da actividade.
Coro do IES- Concertos programados para o curso 2019-2020
II Olimpíada da Escola Enxenaría de Camiños, Canais e Portos da UDC.
O alumnado de 2° ESO participou o pasado luns 17 de febreiro nesta Olimpiada. Cada equipo tivo que superar 6 probas nas que se combinaba a destreza, a velocidade e a coordinación dos equipos.
Preme AQUÍ para ver máis imaxes da actividade.
Teatro en lingua francesa
O alumnado de 3º de ESO que cursa 2ª Lingua estranxeira viaxou a Lugo para ver a obra " Le médecin malgré lui " representada pola compañía de teatro "Einadescola".
Os cursos 2º e 4º de ESO, e o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato viaxaron a Santiago e A Coruña para ver "Quasimodo 100%" representada pola compañía de teatro "La Bohème"
Construccións en madeira para a Cabalgata de Reis
Un ano máis, o profesorado e alumnado do Departamento de Madeira e Moble do centro colaboraron co Concello de Ortigueira, na tradicional visita dos Reis Magos, coa nova construcción da estación de BATMAN e JOKER, que se uniu á realizada o ano pasado de STAR WARS. Ao mesmo tempo, alumnado de 4º de ESO e doutros cursos fixeron de actores locais para colaborar coas súas maxestades chegadas de Oriente na organización da actividade.
Premendo nesta LIGAZÓN podedes ver máis imaxes do traballo realizado en madeira, para o que se empregou a tecnoloxía da que dispón o departamento.
Concurso de postais de Nadal 2019
Presentación do libro "Viaxe ao alén"
O luns 12 de decembro, no Salón de Actos, tivo lugar a presentación da novela "Viaxe ao Alén" de Luly Dopico, para o alumnado de Bacharelato e 2º ciclo de ESO. En primeiro lugar o profesor de Lingua Galega Sindo Martínez presentou á escritora, que xa era coñecida polo alumnado por ter exercido de mestra no CEIP "José Mª Lage" e polas súas novelas anteriores. A continuación proxectouse un audiovisual montado por Toñi Girón, con fermosas imaxes de Álvaro Fernández Polo que trataban de introducir aos futuros lectores no ambiente no que se desenvolve a historia. Finalmente tomou a palabra o cura párroco Francisco Javier Martínez, para introducir ao alumnado na trama, e a propia autora, que propuxo un reto para os lectores. O acto forma parte da programación do EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA para o curso 2019-2020.
Actividades do Club de Ciencia