ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Curso 18-19
Actividades en colaboración co CIM do Concello de Ortigueira Curso 18/19
Recollemos AQUÍ a MEMORIA ACTIVIDADES que realizou o CIM (Centro de Información á muller), no IES ORTIGUEIRA, dentro do programa anual de traballo que o IES realiza en colaboración cos Servizos Sociais do Concello.
Preme nos arquivos adxuntos para obter toda a información.
EDUCAR EN XUSTIZA
O alumnado DE 4º de ESO visitou o Xulgado de 1º Instancia de Ortigueira para coñecer o seu funcionamento e asistir a un xuizo.
A actividade foi coordinada polo Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia.
Participación en Galiciencia- Ourense 2019
Acompañadas por unha das profesoras do Departamento de Tecnoloxía dúas rapazas do centro asistiron a Galiciencia para expoñer os seus proxectos.
Novo recoñecemento ao alumnado de tecnoloxía. Traballando pola igualdade
O grupo de alumnas de tecnoloxía do centro, foi recoñecido cun premio por un traballo realizado sobre estereotipos de xénero nas carreiras tecnolóxicas. Nesta LIGAZÓN podes ver a nova publicada en "La Voz de Galicia"
Aumnado de 4º de ESO participou en Viveiro na Olimpiada de Xeoloxía
Alvaro participando nunha Carreira de Orientación
Participación no concurso "Big challenge"
O alumnado de ESO participou no Concurso BIG Challenge, organizado polo Departamento de Inglés. A actividade desenvolveuse coa colaboración a Aula CEMIT do Concello de Ortigueira, o que permiteu a distribución dos diferentes grupos entre as aulas do centro e este espazo, para acadar unha máxima participación.
Visita a empresas tecnolóxicas Actividade "Tecnólogo por un día"
Unha alumna do IES de Ortigueira participou nesta actividade. Preme AQUí para ver a nova en prensa e saber quen foi.
Obradoiros Camiños de Futuro
A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da UDC, visitou o IES para levar a cabo os obradoiros "Camiños de Futuro" co alumnado de 2° e 3° de ESO e 1° de Bacharelato de Tecnoloxía.
Entre as diferentes actividades realizadas poideron construír un arco, fabricar distintos tipos de formigón ou levar a cabo ensaios de flexión de diferentes materiais.
Participación no II Torneo de Robótica da EUP de Ferrol
O alumnado do Obradoiro de Robotica do IES de Ortigiueira participou no segundo torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol. Nesta LIGAZÓN podes ver máis imaxes da actividade.
Excursión a Francia 2019
Alumnado de Bacharelato das materias Francés e Tecnoloxía Industrial realizou unha saída didáctica a Francia,
con contidos relacionados coas dúas materias.Nesta LIGAZÓN podes visualizar máis imaxes da actividade.