ESO / CB / CM/ BACH/ STEMBACH / CUALE
Curso 20-21
Proxecto de minisatélite. Iniciativa CANSAT. Bacharelato STEM
Un grupo de alumnado de Bacharelato STEM (excelencia en ciencias e tecnoloxía) do IES de Ortigueira participa na Iniciativa CanSat da Axencia Espacial Europea. Este organismo reta aos estudiantes a construir e lanzar un mini satélite, do tamaño dunha lata de refresco. Cecilia Castro, Adrián Ismael Rodríguez, Ismael Álvarez e Álvaro Sampaio forman o grupo, coordinado polos docentes Patricia Hermida, de Tecnoloxía, e Andrés Rodríguez, de Física y Química.
A maiores do profesorado, o grupo conta coa colaboración, de tres exalumnos do centro: Jana Pernas, Enxeñeira de Telecomunicacións, que asesora no deseño do sistema de comunicación con Cansat, Sabela Iglesias, Enxeñeira Aeroespacial que colabora nas tarefas de programación, e Borja Cortés, que realiza o traballo de Fin de Grao da mesma enxeñaría e que asesora na construcción do paraídas e na programación en Arduino.
Preme AQUÍ para ver a nova na prensa.
Día da Educación Física na rúa
Celébrase o 28 de abril o Día da Educación Física na rúa. Con ese motivo no IES de Ortigueira quixemos levar ao alumnado dos tres primeiros cursos de ESO ao espazo da Alameda e Xardíns para xogar coas tradicionais cordas e iniciarse nas carreiras de orientación.
Actividade de coñecemento da regueifa
Neste mes de marzo, o alumnado da ESO está a realizar unha actividade interactiva sobre a regueifa, impartida no salón de actos por Carme, unha das guías do Museo do Pobo Galego. O alumnado tivo a ocasión de coñecer esta manifestación cultural galega e mesmo relacionala con outras máis modernas de características similares e moito calado na xuventude.
A actividade, organizada polo equipo de dinamización da lingua, remata coa composición e interpretación colectiva dunha pequena copla.
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Unha das actividades planificadas este curso para a celebración do 11F: "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" , son os traballos que están a elaborar os nosos alumnos do Bacharelato STEM. A través deles, queren dar visibilidade ás 5 mulleres que eles mesmos escolleron: Alicia Estévez Toranzo, Mae Jemison, Katherine Johnson, María Teresa Miras Portugal e María Soledad Soengas González.