Dende o 3 ao 14 de marzo podemos disfrutar na cafetería do instituto da exposición: ONDAS DE IRMANDADE. HISTORIA DO ASOCIACIONISMO MARIÑEIRO SADENSE.
|
|
|
|
Organizada pola Cofradía de Pescadores e Concello de Sada, fai un percorrido polos últimos 100 anos da historia de Sada, a partir das organizacións mariñeiras do pobo. Unha historia de Sada dende o traballo dos que foron protagonistas dos cambios sociais e económicos.
|
|
|
|
Unha viaxe en imaxes e textos que nos axuda a saber quen somos e como chegamos ata o momento actual. Non deixedes de gozar desta oportunidade. O noso agradecemento ás entidades organizadoras.
|
EU FALO GALEGO PORQUE ...
Eu falo galego porque...
ENLACE AO VÍDEO DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA, REALIZADO POR JAVIER GONZÁLEZ GARRIDO, PROTAGONIZADO POR PABLO DÍAZ BOUZA, ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO E QUE CONTA COA PARTICIPACIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES O MOSTEIRÓN.
RUTA OTERIANA
O 5 de abril de 2011 os alumnos e alumnas de 4º de ESO desenvolveron, conxuntamente co IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, a Ruta Oteriana. O Mosteiro de Oseira, o Pazo de Trasalba e o percorrido literario polo casco vello de Ourense foron os lugares visitados.
RUTA ROSALIANA
Participantes na "Ruta Rosaliana", desenvolvida 0 29 de marzo de 2011 polo Departamento de Lingua Galega e Literatura. O alumnado de terceiro de ESO visitou Santiago e Padrón.
O ALUMNADO DE 1º DE ESO ASISTE Á REPRESENTACIÓN DE CIRCUS KLEZMER
GRAZAS POLO ENGANO...
Enganáronnos, iamos ao teatro e aterramos como convidados a unha voda.
No país de non sei onde, alá polos tempos de non sei cando, onde falaban non sei que ( podía ser árabe , alemán , francés ou inglés )... desapareceron os aneis.
Estaban a noiva ( trapecista), o noivo( malabarista) a sogra ( sempre de malas) e o sogro( despistado); artístas polas butacas, público no escenario, música, circo, teatro. Nos asentos do teatro nenos e nenas de risa esmendrellados.
Cos aneis dunha das profes os noivos finalmente casaron. E houbo tamén outra voda, a dun pallaso cunha profesora que alí se namoraron.
E cando saímos chovía.
Pingas de auga regaban a risa.
ONDAS DE IRMANDADE
EXPOSICIÓN "A TORRE E O XARDÍN DE HÉRCULES"
O vindeiro LUNS 28 ás 20:00 h terá lugar na casa da cultura de Sada "Pintor Lloréns" a inaguración da exposición A Torre e o xardín de Hércules. Está prevista a asistencia ao acto do alcalde de Sada. Poderase visitar dende o día 28 ata o 31 de marzo. Realizada polos alumnos e alumnas de 3º PDC: Héctor, Adrián, Nere, Luci, Anna, Pamela, Kathy, Marcela, Álex e Thiago. Estudo polo miúdo da historia da Torre de Hércules e dos 19 grupos escultóricos que conforman o coñecido "Xardín de Hércules". |
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO Curso 2011-2012
Ábrese o prazo de admisión de alumnado para o curso 2011-2012. Achégase máis información sobre prazos e outros aspectos da convocatoria no documento adxunto.
XABIER DOCAMPO VÉN AO NOSO CENTRO
O escritor Xabier Docampo estivo o día 22 de febreiro no noso instituto nun encontro co alumnado de 1º de ESO. Os rapaces e rapazas leron a súa obra ""Cando petan á porta pola noite" e mantiveron con el un coloquio durante o que fixeron moitas e interesantes preguntas. Ademais de ser entretido e simpático, Xabier Docampo fixo interesantes reflexións sobre o feito literario que nos deixaron engaiolados.Moitas grazas por estar connosco.
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME AMOR?,AMOR!... EN CEN PALABRAS
Hoxe 21 de febreiro, celebrouse na nosa biblioteca a entrega de premios do certame de microrrelatos Amor? Amor! en cen palabras. Neste curso celebramos xa a terceira edición do concurso ,promovido unha vez máis polo Equipo de Dinamización da Lingua galega , a Biblioteca Esperela e coa colaboración dos departamentos didácticos de Lingua galega e Lingua castelá. Os textos premiados nesta ocasión foron os seguintes: - Na categoría do 1º ciclo da ESO , o titulado ELA, asinado por Cristian Freire Taboada, de 1ºESO B - Na categoría de Bacharelato resultou gañador o texto titulado VEÑO , da autoría de Miriam Gudiña de 1º de Bacharelato. Recibiu tamén mención de honra, pola súa emotividade e sinxeleza, o microrrelato asinado por María Rodríguez Tizón, de 1º de ESO. PARABÉNS PARA OS PREMIADOS E AGRADECEMENTOS A TODOS OS PARTICIPANTES. PODEDES LER OS TEXTOS GAÑADORES NO BLOG DA BIBLIOTECA. |
SHAKESPEARE PARA IGNORANTES
O alumnado de Bacharalato asistiu o 7 de xaneiro ao FORUM METROPOLITANO á representación de Shakespeare para ignorantes, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada polo dúo cómico Mofa&Befa.
Shakespeare para ignorantes é unha obra na que se mesturan todo tipo de personaxes shakesperianos. A montaxe comeza coa conferencia dun prestixioso profesor sobre a obra de Shakespeare. O profesor reclamará no escenario a presenza de dous actores desempregados, Mofa&Befa.que irrompen na conferencia para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas polo público.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- seguinte ›
- última »