O ALUMNADO DE 1º DE ESO ASISTE Á REPRESENTACIÓN DE CIRCUS KLEZMER
GRAZAS POLO ENGANO...
Enganáronnos, iamos ao teatro e aterramos como convidados a unha voda.
No país de non sei onde, alá polos tempos de non sei cando, onde falaban non sei que ( podía ser árabe , alemán , francés ou inglés )... desapareceron os aneis.
Estaban a noiva ( trapecista), o noivo( malabarista) a sogra ( sempre de malas) e o sogro( despistado); artístas polas butacas, público no escenario, música, circo, teatro. Nos asentos do teatro nenos e nenas de risa esmendrellados.
Cos aneis dunha das profes os noivos finalmente casaron. E houbo tamén outra voda, a dun pallaso cunha profesora que alí se namoraron.
E cando saímos chovía.
Pingas de auga regaban a risa.
»