SHAKESPEARE PARA IGNORANTES

 

O alumnado de Bacharalato asistiu o 7 de xaneiro ao FORUM  METROPOLITANO  á representación de Shakespeare para ignorantes, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada polo dúo cómico Mofa&Befa.
Shakespeare para ignorantes é unha obra na que se mesturan todo tipo de personaxes shakesperianos. A montaxe comeza coa conferencia dun prestixioso profesor sobre a obra de Shakespeare. O profesor reclamará no escenario a presenza de dous actores desempregados, Mofa&Befa.que  irrompen na conferencia para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas polo público.