PATINAXE 2010-2011
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do IES Mosteirón participaron an actividade de patinaxe organizada polo Departamento de Educación Física para o curso 2010-2011. A actividade realizouse o venres 4 de febreiro ás 12:00 no Coliseo da Coruña, participando en total 105 alumn@s. Acompañaron ao alumnado os seguintes profesores: Mariajo, José Manuel, Paloma e Paqui. Os rapaces gozaron da experiencia da patinaxe sobre xeo e a maioría estarían dispostos a participar de novo o curso que vén.
|
Alumno de 1º de ESO facendo un pequeno descanso |
|
Un grupo de alumnos de 1º de ESO coa indumentaria de rigor. |
CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
O día 10 de decembro celébrase a nivel internacional o día dos Dereitos Humanos. No IES O Mosteirón conmemoramos esa data facendo unha lectura da Declaración Universal o 22 de decembro, grazas á proposta realizada dende o Equipo da Biblioteca A Esperela. Participaron alumnos da maioría dos grupos da ESO e Bacharelato utilizando: alemán, bable, castelán, catalán, francés, galego, inglés, portugués e polaco na lectura. Grazas a todos e todas por participar!
|
|
Alumna de Bacharelato lendo a Declaración Universal |
O Bable foi unha das linguas utilizadas na lectura |
PALABRAS EN XOGO
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE ESO NA ACTIVIDADE "PALABRAS EN XOGO" O luns 13 de decembro o alumnado de 1º de ESO participou na primeira fase da actividade "Palabras en xogo", organizada polo Concello de Sada. No noso centro todo o alumnado de 1ºA, B e C, agrupouse en parellas para gozar da actividade. O formato do concurso é similar ao dun coñecido programa de televisión: en parellas os participantes teñen que averiguar unha palabra polas pistas que lle dá un dos compoñentes desta. O día 17 na Casa da Cultura de Sada os alumnos de 1º de ESO do IES O MOsteirón acudiron á segunda fase do concurso "Palabras en xogo". Pablo Blas Piñeiro e Iván López Rodríguez resultaron agraciados co 1º premio grazas ás súas habilidades no concurso. Parabéns a tod@s por participar! |
||
|
||
Alumnas de 1º de ESO A ensaiando |
||
|
||
Parabéns a Pablo e Iván de 1º de ESO por gañar o día 17 o concurso "Palabras en xogo" |
||
|
||
Dous alumnos de 1º ESO C participando en "Palabras en xogo" |
CENTENARIO DO NACEMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ
A dirección do IES O Mosteirón comprácese en convidar á comunidade educativa do IES O Mosteirón á Inauguración da Exposición “CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ” que terá lugar o día 3 de novembro no recibidor do instituto, ás 12:15 horas.
Durante os días sucesivos, o alumnado lerá poemas acompañados de música en directo interpretada por alumnado do centro.
|
|
|
VISITA DIDÁCTICA a ENCE e GALICIA DIXITAL
VISITA A ENCE E GALICIA DIXITAL
O día 26 de outubro os alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de BACH, visitaron a empresa ENCE para coñecer o proceso de fabricación de pasta de papel. Rematada a visita dirixíronse a Santiago a comer nun Centro Comercial. Pola tarde participaron nas actividades desenvolvidas no Mosteiro de San Martiño Pinario, e que tiñan como finalidade o coñecemento e uso das TIC´s en entornos virtuais relacionados co Camiño de Santiago. Aproveitouse a ocasión para facer unha visita á catedral de Santiago. |
|
|
|
Alumnado de Bacharelato en ENCE |
Alumnado de 4º de ESO en ENCE |
|
|
Alumnado na Praza do Obradoiro |
Alumnado en Galicia Dixital |
REUNIÓN NAIS/PAIS CURSO 2010-2011
O vindeiro 18 de outubro terá lugar no salón de actos do IES O Mosteirón ás 18:00 h a reunión de nais/pais do presente curso 2010-2011. Está previsto realizar unha presentación xeral por parte do Equipo Directivo na que se dará información xeral de interese para as familias. Posteriormente cada nai/pai acompañará ao titor/a do seu fillo/a á aula correspondente, onde se continuará informando de aspectos relevantes para a educación do alumnado.
Lembramos a importancia de acudir a esta reunión para manter o primeiro contacto co titor/a.
ENTREGA DE ORLAS AO ALUMNADO QUE REMATA ESTUDOS.
O día 23 despedimos o curso. con moita alegría pero tamén con nostalxia porque algúns dos compañeiros/as de 4º de ESO e de 2º de Bacharelato deixan xa o instituto. O acto de entrega de orlas estivo cheo de manifestacións de cariño.
Moitos parabéns e ata sempre.
CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN EN MOSTEIRÓN
O pasado 21 de xuño, nun dos últimos días do curso, tivemos connosco a Celso Fernández Sanmartín que nos ofreceu dúas sesións de contos . A autenticidade e a súa capacidade para recuperar os modos da narrativa tradicional oral resultaron realmente pracenteiros para nós. O seu xeito de contar engaiolounos a todos/as .Grazas Celso.
FINALIZA A LIGA DE FÚTBOL SALA
Como en anos anteriores, este curso 2009/10, celebramos a liga interna de fútbol sala coa participación inicial de once equipos de todos os niveis.Despois da primeira volta clasificáronse os equipos de 2º A, 2º B, 3º A e 3º B, quedando na seguinte orde:
4º clasificado: Equipo de2º B
3º clasificado: Equipo de3º B
2º clasificado: Equipo de2º A (2)
1º clasificado: Equipo de3º A
PARABÉNS AOS CAMPIÓNS DE 3º A :Damián , Abel, Mauro,Alberto e Manel.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- seguinte ›
- última »