Novas

A experiencia ERASMUS+ de Carmen, Hugo, Lola e Luis en empresas de Pescara (Italia) Curso 21/22

Unha ano máis, no curso 2021/22 o alumnado de FPB Carmen Cerviño, Lola Cerviño e Luis Basallo recibiron formación coma aprendices para titulados e Hugo Dopico realizou parte da Formación en Centros de Traballo (FCT) en Pescara, dentro do programa Erasmus+ / KA102 do IES Monte da Vila, que leva por título “Unha nova oportunidade”. A súa estancia formativa en Portugal durou dende o 22/04/2022 ata o 31/05/2022.

Semana das Letras Galegas

Entre o 16 e o 24 de maio, a actividade do IES Monte da VIla centrouse difusión aos principais fitos da vida e da obra do poeta homenaxeado no 2022, Florencio Delgado Gurriarán. Para iso organizáronse pequenas exposicións nos corredores do centro, con cartelería elaborada polo alumnado, que se complementou á súa vez co material oficial enviado pola Consellería.

De forma paralela, organizouse unha lectura poética na Biblioteca o 24 de maio, na que participou o alumnado e o profesorado do centro. Ao final do acto, rendiuse homenaxe ao recentemente finado Domingo Villar, que fora autor invitado no II Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. A lectura do seu conto “O espiritista do Grove”, que el mesmo lera no 2019 (e que recolleu en Algúns contos completos no 2021) pechou a Semana das Letras 2022.

Lectura poética na Biblioteca

 

Hugo Domínguez (4º ESO A), durante o recital

 

No libro Algúns contos completos (2021) recóllese o conto O espiritista do Grove

 

Cartel Letras Galegas 2022

 

XVI edición de Esculturas de Area na Lanzada

O pasado 19 de maio tivo lugar a XVI edición de Esculturas de Area na Lanzada, que organiza  o Departamento do IES Monte da Vila desde o ano 2004. Do IES Monte da Vila participou o alumnado de 4º ESO (EPVA) e 1º Bacharelato (das materias de Volume, Debuxo artístico e Debuxo técnico), ao que hai que sumar o alumnado e o profesorado de centros de Vigo, Redondela, Cangas, A Illa de Arousa e Meaño. Un ano máis, participaron máis de 500 alumnos/as, de 8 centros educativos de toda Galicia.

Desta volta a actividade serviu para rendir homenaxe ao imaxinario literario de Jules Verne: o alumnado participante deseñou as súas creacións artísticas tomando como inspiración a obra Vinte mil leguas de viaxe submariña, do autor francés. Tras semanas preparando os bosquexos e maquetas, crearon esculturas efémeras nos areais da Lanzada.

Trátase dun proxecto interdisciplinar, que trata de desenvolver a educación artística á vez que o traballo en equipo, a educación en valores e o respecto polo patrimonio ambiental e ornitolóxico da contorna inmediata.

Vista xeral do alumnado participante

 

Os escultores e escultoras, traballando nas súas obras

 

Un día de creatividade ao aire libre

 

Unha das esculturas efémeras inspiradas en Jules Verne

 

Folla do Faro de Vigo sobre a actividade

XXIX CARREIRA DO SALNÉS

O pasado venres 13 de maio, celebrouse a XXIX edición da Carreira do Salnés organizada polo Colexio Abrente de Portonovo. Esta fermosa carreira ten a peculiaridade de acoller a participantes de tódalas etapas educativas, incluíndo profesoras e profesores e xente amateur. O gran esforzo organizativo vese compensado co disfrute do alumnado. En particular, as nosas rapazas e rapaces desfrutaron dunha xornada primaveral e saudable, mesturándose os diferentes grupos da ESO e tamén con outros centros de infantil, primaria e secundaria. Ademais, comportáronse como se esperaba. Temos un alumnado marabilloso na secundaria e con gañas de repetir para a vindeira edición. 

Ollade a reportaxe que trouxemos de Portonovo:

DRAGON BOATS (04.05.2022)

O mércores 4 de maio, o alumnado de 1º da ESO do centro, por segundo ano consecutivo, desfrutou da marabillosa experiencia de remar nun Dragón. Esta especialidade deportiva está vinculada ao piragüismo.

A particularidade é o atractivo da embarcación, seguir o ritmo de paleo marcado por un tambor e sobre todo o traballo en equipo que debe coordinar o alumnado.

É unha actividade mixta na que se igualan as habilidades e condicións físicas individuais no que prima a coordinación grupal da que se falaba anteriormente.

Deu a casualidade que coincidimos no Pontillón do Castro cos mellores piragüistas do Estado, xa que se estaba a preparar para o selectivo que os clasificaría para a vindeira Copa do Mundo.

Puideron ver a Saúl Craviotto, Marcus Cooper, Raúl Arévalo, Roi Rodríguez ou Teresa Portela, actuais medallistas oímpicos.

A rapazada desfrutou da actividade e das instalalcións e o comportamento foi exemplar.

Deixan moi boas sensacións para o vindeiro curso.

 

 

Viaxe a través da historia do clima da Terra: coñecer o pasado para entender o presente

O xoves 21 de abril, aproveitando a celebración da Semana da Terra, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e os de Cultura Científica de 4º da ESO e 1º de Bacharelato tivemos a oportunidade de recibir unha charla titulada “Viaxe a través da historia do clima da Terra: coñecer o pasado para entender o presente” grazas ao invenstigador sobre paleoclimatoloxía Armand Hernández. Nesta conferencia explicounos a historia da Terra dunha forma moi dinámica, na que todos pudimos entender todo claramente e ensinounos tamén como se estuda o cambio climático a través dunha multitude de instrumentos, como os que lles permiten recoller mostras de sedimentos para analizalos no laboratorio. Ademais destes sedimentos, que eran estudados por el mesmo, púxonos outros exemplos como o estudo que facían dos aneis das árbores, os corais, estalactititas e tamén a toma de mostras de xeo; nestas últimas as burbullas atrapadas en diferentes momentos da historia da Terra nos permiten coñecer como era a atmosfera nese instante. Dende logo, foi unha experiencia única e estamos moi agredecidos por esta oportunidade. 

Carla Domínguez Corral (1ºBAC-C)

 

Charla de Julio Suárez (M.I.), "Xadrez: educación e deporte" (3º e 4º ESO)

O pasado venres, 8 de abril, o Departamento de Matemáticas convidou a Julio Suárez, Mestre Internacional de xadrez, a impartir unha charla ao alumnado de 3º e 4º da ESO titulada “Xadrez: educación e deporte”. Esta actividade contou coa colaboración do Equipo da Biblioteca e o Club de Xadrez do IES Monte da Vila, coordinado polo profesor Juan Carlos González Pérez.

 

En palabras do propio alumnado:

O venres día 8 de Abril Julio Suárez deunos unha charla sobre o xadrez e a súa preparación física, e tamén nos deu uns consellos para o día a día no instituto. Nesta charla explicounos que os xadrecistas profesionais coma el seguen unha rutina para ir ao ximnasio, debido que o estado físico é moi importante durante as partidas; é fundamental, xa que teñen que estar concentrados nunha mesma cousa durante 5 ou máis horas e produce un gran esgotamento físico e mental. Seguindo por esta rama contounos unha anécdota na que nunha final mundial de xadrez entre dúas persoas, unha perdeu debido ao esgotamento físico que produce este deporte. Tamén nos contou que o xadrez o usan moitos entrenadores de fútbol para idear estratexias á hora dos partidos: exemplos moi famosos son Quique Setién e Xavi Hernández. Para finalizar, deunos uns consellos moi importantes no día a día no instituto, como por exemplo que o xadrez nos axuda a entrenar a memoria e outras partes do noso cerebro.

Álex Barreiro (3º ESO B)

 

El pasado viernes 8 de abril de 2022 tuvimos el placer de asistir a una charla de Julio Suárez (Maestro Internacional de ajedrez y jugador del Club Fontecarmoa).

En ella nos explicó la relación entre deporte y ajedrez, la cual nos dejó sorprendidas.

Además nos contó diferentes curiosidades a respeto de este deporte, entre las que más nos impactaron destacan las kilocalorías quemadas durante una partida de élite y las horas que puede durar una competición.

Bajo nuestro punto de vista la charla nos gustó mucho y nos pareció muy interesante. Le deseamos lo mejor a Julio y que ojalá llegue muy lejos.

Lúa Basallo (4º ESO A) y Shaila Fernández (4º ESO B)

 

 Cartel da charla

 

Julio Suárez, durante a súa charla

 

Julio Suárez, durante a súa charla

 

Julio Suárez, durante a súa charla

Charla "As matemáticas contra o cambio climático" (1º Bach.)

O pasado 22 de abril, Día da Terra, o Departamento de Matemáticas organizou a charla “As matemáticas contra o cambio climático”, na que participou o alumnado de Matemáticas I e Matemáticas aplicadas ás CCSS de 1º de bacharelato.

A xulgar polo apoio masivo do alumnado do noso centro ás últimas folgas contra o cambio climático, este é un fenómeno ante o que os estudantes parecen non amosarse indiferentes.

O profesor e investigador da Universidade de Santiago José Luis Ferrín, presentou para os grupos de 1º Bacharelato tres experiencias de éxito nas que a simulación e aplicación de modelos matemáticos contribuíron á diminución das emisións de gases contaminantes.

Algunhas das diapositivas amosadas durante a charla, en relación cos tres exemplos descritos, foron:

 

 

 

Charla “Rompendo barreiras de comunicación coa intelixencia artificial” (1º e 2º Bach.)

O pasado 27 de abril o Departamento de Matemáticas organizou a charla “Rompendo barreiras de comunicación coa intelixencia artificial”, a cargo de José Luis Alba Castro. Participou o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

O catedrático da Universidade de Vigo, José Luis Alba Castro, fixo un percorrido pola evolución da Intelixencia Artificial co fin de amosar ao alumnado de Bacharelato do IES Monte da Vila exemplos do que están a facer na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións e o centro de investigación atlanTTic, en colaboración coa Asociación de Persoas Xordas de Galicia. O relator fomentou a participación do alumnado ao longo da charla, incidindo, así mesmo, nos aspectos éticos vinculados á intelixencia artificial, en base a casos extraídos de distintos ámbitos: sanitario (telecirurxía), ciberseguridade, conducción autónoma ... Tampouco pasou por alto a importancia de non desatender intereses sociais frente a outros puramente comerciais cando se referíu á necesidade de favorecer a comunicación coas persoas xordas que usan preferentemente linguaxe de signos. Deste modo, combinou con acerto contidos de tipo tecnolóxico con reflexións de distinta índole coas que conseguiu captar a atención dun alumnado ao que dirixiu un consello intelixente: “fagades o que fagades, facédeo con paixón”.

 Foto 1: paso a paso ata o 5 G

Foto 2: como funcionan os tradutores entre distintas linguas

 Foto 3: os xestos, matematicamente, son secuencias de puntos no espazo que se van movendo co tempo

 

Distribuir contido