Novas
Cros escolar en Montalvo
Tras a saída do centro (9:30h), o alumnado de 1º e 2º da ESO desprazouse en bus ata o Monte Montalvo (Sanxenxo) para participar nun cros con diferentes centros pertencente ao plan Xogade. As probas dividíronse por curso e sexo, realizando as saídas e entregas de medallas cada 20 minutos aproximadamente. O primeiro que fixemos cando chegamos ao lugar da proba foi localizar un punto de encontro donde poder agruparnos e repartir os dorsais. Posteriormente fomos cara a “zona de saída”, donde se facía o quecemento e ían chamando para dar comezo as diferentes probas. Unha ves que remataron as carreiras e entregaron os premios dos últimos grupos nos que participamos, reunímonos no punto de encontro e voltamos para o autobús. As 12:00 chegamos de volta ao centro.
Alumnas de 1º ESO preparadas para iniciar a proba
Alumnado durante o transcurso da proba
Alumnado do noso centro no podio
Vela no Salnés
Tras a saída do centro (9:30), o alumnado de 1ºESO desprazouse en bus ata Sanxenxo (Real Clube Náutico de Sanxenxo) para embarcar en veleiro e facer un recorrido pola ría de Pontevedra, en especial polas costas de Sanxenxo. En primeiro lugar, os monitores recordaron algunhas normas e instrucións básicas, para de seguido facer diferentes grupos e embarcar nos veleiros. Estiveron navegando seguindo as indicacións dos diferentes “capitáns” de cada veleiro durante 2 horas e remataron a actividade dándose un chapuzón na ría para refrescar e unha ducha nas instalacións do clube. As 13.00 horas subimos ao autobús de volta ó centro.
Embarcando na liña de saída.
Navegando pola ría.
Practicando manobras.
Chapuzón final.
SAMAÍN 2024
O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín con curtas de terror, xogos, concursos de disfraces e de decoración de aulas e cabazas. As alumnas do bacharelato de artes decoraron parte do centro e coordinaron os xogos e as curtas de terror. A continuación móstranse aos gañadores e ao resto de participantes:
Gañador porta de aula: 2ºESO B
PREMIO: ALMORZO NA CAFETERÍA
Gañador cabaza de aula: 1º ESO B
PREMIO: ALMORZO NA CAFETERÍA
Gañadora disfraz: Mariajosé Ramírez
PREMIO: VALE DE 20€ PARA COMPRAR NO COMERCIO LOCAL DO GROVE
RESTO DE PARTICIPANTES:
COLABORADORAS, DECORACIÓN E XOGOS:
O alumnado de Informática descubre como crear campañas publicitarias en Redes Sociais.
O pasado mércores 30 de outubro, o alumnado de ciclos formativos da familia de Informática do IES Monte da Vila participou nunha enriquecedora ponencia impartida por Fernando Rodríguez, Director da axencia galega "Con C de Comunicación".
Baixo o título "Como crear campañas publicitarias en Redes Sociais", Fernando explorou os pasos esenciais para deseñar e executar campañas publicitarias nas principais plataformas.
Durante a charla, Fernando destacou a importancia de seleccionar o público axeitado e a plataforma ideal para cada campaña, así coma os momentos de maior alcance, aspectos clave para maximizar a efectividade das accións publicitarias. O alumnado amosouse moi participativo, formulando preguntas interesantes que enriqueceron aínda máis a sesión.
Esta actividade, enmarcada no proxecto das aulas de emprendemento, proporcionoulles aos estudantes coñecementos prácticos sobre técnicas de segmentación, creación de contidos e optimización de campañas, ofrecendo ferramentas valiosas para proxectos reais. Esta iniciativa reflicte o compromiso do IES Monte da Vila en conectar o alumnado con profesionais do sector e ofrecer unha formación actualizada e orientada ao mundo laboral.
Visita ao CGIFP Eduardo Barreiros (Centro Galego da Innovación da Formación Profesional)
O pasado xoves día 10 de outubro, o alumnado da FP Básica de Informática de Oficina e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Monte da Vila realizou unha visita ao CGIFP Eduardo Barreiros (Centro Galego da Innovación da Formación Profesional), en Ourense.
Este centro conta con instalacións e equipos de última xeración, permitindo levar os proxectos e ideas dos centros educativos a outro nivel.
Durante a visita que se programou dentro do contexto das "Aulas de emprendemento", o alumnado recibiu explicacións sobre diferentes áreas tecnolóxicas de gran relevancia:
- Laboratorio de biotecnoloxía: Explicáronnos algúns avances no ámbito da biotecnoloxía.
- Laboratorio de industria 5.0: Observamos como funcionan maquetas industriais baseadas en tecnoloxías de última xeración.
- Fabricación aditiva: Coñecemos o funcionamento de diferentes impresoras 3D e dos escáneres 3D.
- Enerxía e auga: Explicáronnos algúns proxectos referentes a coches eléctricos e híbridos, como a creación de pinturas que optimizan o consumo dos mesmos.
- Sala inmersiva: Tivemos a oportunidade de asistir a unha proxección de vídeo en 270º, unha experiencia única e envolvente.
- Sala de metaverso: O alumnado puido probar as lentes de realidade virtual e ver de primeira man as posibilidades do metaverso.
Instrucións do comezo do curso
HORARIO DE SAÍDAS DENDE AS PARADAS DO TRANSPORTE ESCOLAR
· RUTA SAN VICENTE:
HORA DE SAÍDA: 08:20 H. (Balea – Reboredo – Estonllo –
Campos – Meloxo – Carballeira – IES Monte da Vila).
· RUTA TERRA DE PORTO:
HORA DE SAÍDA: 8:30 H. (Terra de Porto – IES Monte da Vila)
· O CON – PORTO DE MELOXO:
HORA DE SAÍDA: 08:05 H. (O Con – Boibas – Virxe das Mareas
– Porto de Meloxo – IES Monte da Vila)
PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN 2024/2025
Aquel profesorado que obtivo vacante no CADP definitivo que envíe un correo electrónico á dirección do centro para facilitarlle a súa incorporación.
ies.monte.vila@edu.xunta.gal
Calendario de matrículas curso 2024-2025
Calendario matrícula xuño - xullo 2024 | |
26 de xuño | 2º BACHARELATO |
27 de xuño | 1º BACHARELATO |
28 de xuño | 1º ESO |
1 de xullo | 2º ESO |
2 de xullo | 3º ESO |
3 de xullo | 4º ESO |