Libros de texto
Listaxe de libros de texto 2023/24 (Actualizada o 01/09/23)
No PDF adxunto pode consultarse a listaxe de libros de texto para o próximo curso escolar.
Listaxe Libros de texto. Curso 2022/23
A listaxe de libros de texto para o curso 2022-2023 atópase dispoñible no seguinte arquivo.
DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO (do centro e da ANPA)
O alumnado que tivera libros de texto en préstamo durante este curso deberá devolvelos o luns 27 de xuño, día da entrega de cualificacións.
- Libros de texto prestados polos departamentos didácticos do centro: deixaranse na aula de referencia no momento de recoller os boletíns de cualificacións.
- Libros de texto prestados pola ANPA: deixaranse na Aula de Convivencia, onde os recollerá a ANPA de 10:00 a 11:30 h.
Reparto de libros de texto
- Libros de texto do centro: o reparto de libros de texto da ESO farase entre o xoves 16 e o venres 17. Organizarano os departamentos e farase dentro do horario lectivo.
- Libros de texto da ANPA: o reparto de libros de texto da ESO e Bacharelato farase o luns 20 pola tarde, a partir das 16:30.
Libros de Texto Curso 2021/2022
A listaxe de libros de texto para o curso 2021-2022 atópase dispoñible no seguinte arquivo.
Fondolibros e axudas para material escolar 2021/22
Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 22 de xuño.
Dado que o vindeiro curso o centro ampliará a participación no programa E-DIXGAL a todos os cursos da ESO, e que o alumnado recibirá un ordenador portátil, o noso centro está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, o alumnado terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.
Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:
- 1º ESO: 25 de maio. 1, 7 , 11 e 17 de xuño
- 2º ESO: 26 de maio. 2, 8, 16 de xuño.
- 3º ESO: 27 de maio. 3, 9, 15 de xuño.
- 4º ESO: 28 de maio. 4, 10, 14 de xuño.
Listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros curso 2020-2021
- Están publicadas as listaxes provisionais de axudas de material e Fondo Libros para o curso 2020-2021.
- Reclamacións ás listaxes: 8 e 9 de xullo.
- Listaxes definitivas: ata o 14.09.2020.
- As listaxes pódense consultar no taboleiro do centro en horario de 9 a 14 h.
Libros de Texto Curso 2020/2021
A listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021 atópase dispoñible no seguinte arquivo.
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS, DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS
A entrega de cualificacións terá lugar o martes 23 de xuño e o xoves 25 de xuño na aula de referencia do grupo, segundo o horario que figura a continuación.
O alumnado esperará no patio e entrará no centro acompañado do profesorado titor, con mascarilla, mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións do persoal do centro. É necesario que todo o alumnado traia un bolígrafo.
Na aula, o profesorado titor entregará, ademais do boletín de notas, o sobre de matrícula ao alumnado que promocione de curso na convocatoria de xuño, para evitar aglomeracións en Secretaría. O alumnado poderá recoller outro tipo de material que aínda estea no centro (patíns, material de plástica,...), pero debe esperar ás instrucións do profesorado titor.
Devolverase todo o material (fondo libros, ANPA) seguindo as instrucións do profesorado titor.
É obrigatorio devolver todos os libros do fondo. Unha vez que o profesorado titor comprobe que se devolveron, poderanse levar de novo en préstamo os libros das materias que o alumnado teña que recuperar en setembro.
Martes 23 de xuño | Xoves 25 de xuño | ||
HORA | GRUPO | HORA | GRUPO |
10:00 | 3º ESO A | ||
10:30 | 1º ESO A | 10:20 | 4º ESO A |
11:00 | 1º CM SMR | 10:40 | 1º FPB |
11:20 | 2º ESO A | 11:00 | 3º ESO B |
11:40 | 2º CM SMR | 11:20 | 4º ESO B |
12:00 | 1º ESO AB | 11:40 | 1º BACH. A |
12:30 | 2º ESO B | 12:00 | 3º ESO C |
12:50 | 1º ESO B | 12:20 | 1º BACH. C |
13:10 | 2º ESO AB | 12:40 | 2º FPB |
13:00 | 1º BACH. B |
RECLAMACIÓNS:
As reclamacións terán que presentarse dentro das 48 horas seguintes á entrega das cualificacións.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »