Fondolibros e axudas para material escolar 2021/22

Abriuse o prazo para a presentación de solicitudes para o fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar “Fondolibros”, que poderán realizarse ata o día 22 de xuño

Dado que o vindeiro curso o centro ampliará a participación no programa E-DIXGAL a todos os cursos da ESO, e que o alumnado recibirá un ordenador portátil, o noso centro está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Non obstante, o alumnado terá dereito á axuda para adquirir material escolar. 

A realización de solicitudes pode realizarse de forma electrónica, a través do seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

No caso de realizala de forma presencial, rogamos entreguen a documentación cuberta a ordenador.
Pregamos ás familias que, se é posible, se axusten ás seguintes datas para a entrega da documentación do fondo de libros, segundo o curso para o cal realicen a solicitude da axuda, co fin de evitar aglomeracións:

  • 1º ESO: 25 de maio. 1, 7 , 11 e 17 de xuño
  • 2º ESO: 26 de maio. 2, 8, 16 de xuño.
  • 3º ESO: 27 de maio. 3, 9, 15 de xuño.
  • 4º ESO: 28 de maio. 4, 10, 14 de xuño.