ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS, DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E PERÍODO DE RECLAMACIÓNS
A entrega de cualificacións terá lugar o martes 23 de xuño e o xoves 25 de xuño na aula de referencia do grupo, segundo o horario que figura a continuación.
O alumnado esperará no patio e entrará no centro acompañado do profesorado titor, con mascarilla, mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións do persoal do centro. É necesario que todo o alumnado traia un bolígrafo.
Na aula, o profesorado titor entregará, ademais do boletín de notas, o sobre de matrícula ao alumnado que promocione de curso na convocatoria de xuño, para evitar aglomeracións en Secretaría. O alumnado poderá recoller outro tipo de material que aínda estea no centro (patíns, material de plástica,...), pero debe esperar ás instrucións do profesorado titor.
Devolverase todo o material (fondo libros, ANPA) seguindo as instrucións do profesorado titor.
É obrigatorio devolver todos os libros do fondo. Unha vez que o profesorado titor comprobe que se devolveron, poderanse levar de novo en préstamo os libros das materias que o alumnado teña que recuperar en setembro.
Martes 23 de xuño | Xoves 25 de xuño | ||
HORA | GRUPO | HORA | GRUPO |
10:00 | 3º ESO A | ||
10:30 | 1º ESO A | 10:20 | 4º ESO A |
11:00 | 1º CM SMR | 10:40 | 1º FPB |
11:20 | 2º ESO A | 11:00 | 3º ESO B |
11:40 | 2º CM SMR | 11:20 | 4º ESO B |
12:00 | 1º ESO AB | 11:40 | 1º BACH. A |
12:30 | 2º ESO B | 12:00 | 3º ESO C |
12:50 | 1º ESO B | 12:20 | 1º BACH. C |
13:10 | 2º ESO AB | 12:40 | 2º FPB |
13:00 | 1º BACH. B |
RECLAMACIÓNS:
As reclamacións terán que presentarse dentro das 48 horas seguintes á entrega das cualificacións.