Novas
Oferta de FP. Curso 2024/2025
As ensinanzas de formación profesional están organizadas en ciclos formativos básicos, medios, superiores e cursos de especialización.
Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo ou curso de especialización (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.
A normativa reguladora do proceso de admisión pode consultarse na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-ensinanzas-fp
Para máis información podes consultar:
XOGOS TRADICIONAIS 2024
Dentro do programa XOGADE (Proxecta 2023/2024) acudimos áo campo de billarda de Nantes con alumnado de 2º ESO para coñecer os xogos tradicionais galegos. A actividade estaba moi ben organizada para que todos e todas participaran. Fixéronse oito equipos e diferentes estacións para xogar á chave, billarda, bolos celtas e petanca. Foi unha mañá moi tranquila e sen incidencias. O alumnado desfrutou.
XVIII convocatoria de Esculturas de Area na praia da Lanzada.
Un ano máis 600 alumnos e alumnas de 9 centros de toda Galicia partiparon no noso areal da Lanzada na edición XVIII das Esculturas de Area, organizado polo departamento de Debuxo do noso centro. O templo meteorolóxico foi estupendo e puideron disfrutar da xornada na que fixeron máis de 100 gárgolas de area. A ANPA do IES Monte da Vila agasallou a todos os participantes con auga e froita e o concello puxo a punto os baños e o espazo da praia onde se celebra. Coma sempre tivemos en conta a anidación da píllara das dunas e deixamos limpo a areal tal e como o atopamos.
Exposición fotográfica "Libre como os paxaros" de Nicolás Otero
O noso alumno Nicolás Otero Sanmartín expón no corredor do centro a súa exposición fotográfica sobre paxaros: Libre como os paxaros.
Taller de batucada
O 9 de maio tivemos a sorte de ter connosco a Edgar, mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass aos estudantes de 2ºESO e 3ºESO co fin de montar unha batucada.
Edgar pertence ao grupo de músicos de Ecopercusión, proxecto enfocado a formación e execución de grupos de percusión nas escolas tanto de primaria como secundaria.
Claudio, o conserxe do IES Monte da Vila, xúbilase.
O noso querido e carismático conserxe, Claudio Roldán, xubílase. Leticia Castro faille unha reportaxe na Voz de Galicia pola súa importancia nesta comunidade educativa ao longo de moitas xeracións.
Os seus compañeiros/as e antigos/as compañeiros/as de traballo celebraron cunha comida a súa xubilación:
Alumnos do IES Monte da Vila logran o segundo posto nas Olimpiadas de Teleco.
Os nosos alumnos Marcos Lugaresi e Ismael Pérez, da man do seu profesor Pablo Gallego, lograron o segundo posto nas Olimpiadas de Teleco e publicáronlle un artigo en La Voz de Galicia, escrito por Leticia Castro: "Los alumnos de FP del IES Monte da Vila (O Grove) que cursan en el centro el Ciclo Medio de Sistemas Microelectrónicos e Redes han vuelto a demostrar sus capacidades en un nuevo reto fuera de las aulas. Esta vez la cita era en Vigo, en el campus universitario, donde se celebraban las II Olimpiadas Nacionales de Teleco"
De esquerda a dereita: Marcos Lugaresi e Ismael Pérez.
"Diseñaron un sistema de monitorización de la temperatura de las neveras en las que se guardan vacunas"
Campionato de España de Bateis
Este 28 de abril o batel infantil masculino do Club de Remo Mecos proclamouse campión de España na Pobra do Caramiñal. Moitos deles forman parte do IES Monte da Vila, dos que nos sentimos moi orgullosos. Parabén ao Club pola gran labor que está a facer co noso alumnado.
De esquerda a dereita: Mateo (3º), Anxo (5º), Roi (7º), Carlos (8º) e Breogán (9º).
Real Filharmonía de Galicia “Pleasure Island”
“Non culpes a ninguén” (1956) de Cortázar e “As preocupacións dun pai de familia” (1919) de Kafka atopamos que hai unha presenza que perturba as súas personaxes. En Cortázar, é a percepción do seu puño e letra que, sendo unha prolongación máis do seu corpo, comeza a percibirse de forma ameazante cando o personaxe intenta poñerse un xersei. En Kafka un obxecto vago e indefinido, como “un levantamento de fío plano e en forma de estrela” preocupa a observador. Non é posible definir exactamente cal é ese obxecto, nin para que serve, nin por que se garda nesa casa sen motivo aparente...É isto o que máis preocupa a nosa personaxe? Por que?
A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño” que nos conta as percepcións, os prexuízos, as olladas aparentemente inusuais. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 2ºESO B e 3ºESO B quenes desfrutaron destas obras musicais no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
PROGRAMA
“Internités” (2022) de Januibe Tejera
“Danzas Concertantes” (1942) de Igor Stravinsky
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Intérpretes e Coreografía: Ariadna Montfort e Estela Merlos. Dirección artística: Ariadna Montfort
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »