Novas

PROBAS FÍSICAS PARA O ACCESO AO GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE

Probas físicas de acceso á titulación Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte do curso académico 2023-2024, e que se imparte na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física na Universidade da Coruña: https://inefg.udc.es/index.php/pruebas-especificas-de-acceso/ultimas-noticias-sobre-las-pruebas-de-acceso

Máis información en e-mail: administracion.inef@udc.es - Teléfono 881 014 046

 

 

Cros escolar

O pasado mércores 11 de xaneiro por fin se puido celebrar o cros escolar. Retrasouse desde novembro polas malas condicións meteorolóxicas. Acudimos co alumnado voluntario de 1º, 2º e 3º da ESO. Unha grande organización fixo desta edición unha xornada preciosa, nun gran lugar como é a praia de Montalvo coa Illa de Ons ao fondo. O alumnado comportouse moi ben e sobre todo, desfrutou.

Temos un alumnado marabilloso na secundaria e con gañas de repetir para a vindeira edición.

Ollade a reportaxe que trouxemos de Montalvo.

 

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Xúntase a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información:

CHARLA CON TANIA ÁLVAREZ YATES

Tania, piragüista, graduada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e recente campioa do mundo do mundo en K2 na modalidade de maratón, conversa co alumnado de 2º de Bacharelato sobre como a súa organización diaria contribúe a lograr pequenos e grandes obxectivos coa finalidade de transmitirlle á rapazada o importante da organización, traballo diario e constancia no etapa de bacharelato.

Tamén lle dou consellos e dos erros que adoita a cometer.

Foi moi cercana, poñendo de exemplo a familia e o Clube Breogán do Grove como eixos importantes na súa traxectoria vital.

Roteiro Castelao e visita ao Museo de Pontevedra (2º ESO)

 

Alumnado de 2ESO en Pontevedra

O 23 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha saída a Pontevedra, organizada polos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.

Durante a xornada, pasearon pola cidade seguindo os pasos da vida de Castelao, nun roteiro literario. Tamén desfrutaron dunha visita guiada pola Sala castelao do Museo de Pontevedra, para achegarse á obra gráfica deste autor.

Sala Castelao

Sala Castelao

Alumnado de 2ESO en Pontevedra

25N, Contra a Violencia de Xénero

O pasado día 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller. 

No noso centro inspirámonos nas instalacións reivindicativas da artista mexicana Elina Chauvet para denunciar a violencia exercida contra as mulleres. Para Chauvet, cada par de zapatos vermellos simboliza unha vítima de feminicidio.

Coas aportacións dos membros da comunidade educativa, montamos a nosa propia instalación na entrada do centro, coa finalidade de concienciar e educar sobre este problema social: 

 

 

Ademais, o alumnado de 1º Bacharelato da modalidade de Artes elaborou un mural para o segundo andar do instituto:

Eleccións ao consello escolar

Prezadas familias, facendo click na imaxe, poden atopar a información sobre as candidaturas do seu sector e a data e horario de votacións.

 

 

Visita á exposición "This is Pop" (1º e 2º de Bacharelato de Artes)

O pasado venres 14 de outubro, o alumnado das materias de Historia da Arte, Debuxo Artístico e Volume visitou a exposición “This is Pop” no Café Moderno de Pontevedra. A saída foi organizada polos departamentos de Xeografía e Historia e Debuxo.

A mostra "This is Pop" é unha colección de arte composta por máis de sesenta obras orixinais de figuras tan recoñecidas coma Andy Warhol, Yayoi Kusama, Roy Lichtenstein, Jeff Koons ou Damien Hirst, que o alumnado coñeceu da man das guías da Sede Afundación.

Despois da visita guiada, o alumnado participou nun obradoiro creativo. A través da ferramenta MakeCode e as placas MicroBit, aprendeu a programar o encendido dunha serie de LEDs que iluminase os seus propios deseños. Desta forma sinxela, o alumnado de Artes puido familiarizarse con técnicas artísticas actuais herdeiras da arte pop, coma a robótica aplicada ou o videomapping.

 

Charla sobre trasplantes e doazón de órganos (3º ESO)

Alumnado de 3º ESO escoitando atentamente

A última semana de setembro, o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Marta, enfermeira da Organización Nacional de Trasplantes, acudiu ao centro con Dolores, unha paciente trasplantada que relatou a súa experiencia persoal. Durante dúas sesións explicáronlle ao alumnado o funcionamento do proceso, conseguindo conciencialo e sensibilizalo ante un tema tan importante:

O 30 de setembro ás 09:35 acompañounos na clase de Bioloxía e Xeoloxía, da man da profesora Aránzazu Fernández Rodríguez, a Organización Nacional de Trasplantes. Concretamente estivemos cunha enfermeira chamada Marta, a cal explicounos a importancia dos trasplantes e de ser doantes, dando así unha nova vida a outras persoas. Contounos como ser doante en vida, que órganos doar e como é o proceso dende que unha persoa doa un órgano ata que outra o recibe.

Tamés nos acompañou este día Dolores, que foi transplantada do fígado fai moitos anos e grazas a iso está aquí con nós. Aprendimos moitas cousas gracias a elas.

Eu vou a doar. E ti, anímaste?

Aitana García Martínez (3ºESO-B)

 

Distribuir contido