25N, Contra a Violencia de Xénero
O pasado día 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.
No noso centro inspirámonos nas instalacións reivindicativas da artista mexicana Elina Chauvet para denunciar a violencia exercida contra as mulleres. Para Chauvet, cada par de zapatos vermellos simboliza unha vítima de feminicidio.
Coas aportacións dos membros da comunidade educativa, montamos a nosa propia instalación na entrada do centro, coa finalidade de concienciar e educar sobre este problema social:
Ademais, o alumnado de 1º Bacharelato da modalidade de Artes elaborou un mural para o segundo andar do instituto: