XVI edición de Esculturas de Area na Lanzada
O pasado 19 de maio tivo lugar a XVI edición de Esculturas de Area na Lanzada, que organiza o Departamento do IES Monte da Vila desde o ano 2004. Do IES Monte da Vila participou o alumnado de 4º ESO (EPVA) e 1º Bacharelato (das materias de Volume, Debuxo artístico e Debuxo técnico), ao que hai que sumar o alumnado e o profesorado de centros de Vigo, Redondela, Cangas, A Illa de Arousa e Meaño. Un ano máis, participaron máis de 500 alumnos/as, de 8 centros educativos de toda Galicia.
Desta volta a actividade serviu para rendir homenaxe ao imaxinario literario de Jules Verne: o alumnado participante deseñou as súas creacións artísticas tomando como inspiración a obra Vinte mil leguas de viaxe submariña, do autor francés. Tras semanas preparando os bosquexos e maquetas, crearon esculturas efémeras nos areais da Lanzada.
Trátase dun proxecto interdisciplinar, que trata de desenvolver a educación artística á vez que o traballo en equipo, a educación en valores e o respecto polo patrimonio ambiental e ornitolóxico da contorna inmediata.
Vista xeral do alumnado participante
Os escultores e escultoras, traballando nas súas obras
Un día de creatividade ao aire libre
Unha das esculturas efémeras inspiradas en Jules Verne
Folla do Faro de Vigo sobre a actividade
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Faro de Vigo. Lanzada 1.pdf | 2.79 MB |