Extraescolares
MOBILIDADE DE LONGA DURACIÓN ERASMUS+
Enviado por loli o Mér, 07/09/2022 - 04:28Reportaxe fotográfico da estancia dos nosos alumnos Ester Riveira, Sergio Romero e Lucía Murados, acompañados polo Coordinador Erasmus do Centro Marcelino Luna en Praga.
VISITA AO AQUAPARK DE CERCEDA POLO PREMIO DE AULAS SEN FUME
Enviado por loli o Mér, 22/06/2022 - 04:51O alumnado de 1º ESO B foron premiados nunha viaxe ó Aquapark de Cerceda polo accésit no concurso autonómico "Clases sen fume.
Estiveron acompañado da Directora, Carmen Castelao Cora , e de Roberto Ramallal, profe de EF.
PREMIO 1º CLASIFICADO LIGA DE CONVIVENCIA
Enviado por loli o Mar, 21/06/2022 - 04:47O alumnado de 4º ESO participaron nunha saída á praia da Rapadoira en Foz. Colleron o FEVE en Burela ata Foz e fixeron unha ruta andando ata a praia. Alí fixeron xogos deportivos.
OS CAMIÑOS DA TERRA , OS CAMIÑOS DO MAR
Enviado por loli o Xov, 16/06/2022 - 07:22O mércores 9 de Xuño o noso alumnado de 1º ESO viaxa a Vilalba para participar na primeira xornada do intercambio entre o noso IES e o CEIP Terra Chá.
Alí visitaron a Torre dos Andrade, o casco histórico, no polígono industrial unha empresa de formación do sector eólico e madereiro etc
Aquí vai unha pequena mostra fotográfica. Máis nas nosa redes sociais.
O 15 de Xuño o alumnado do CEIP Terra Chá visitounos e participaron co noso alumnado de 1º ESO B nunha serie de actividades. Primeiramente foron recibidos polo equipo directivo e polo alumnado de 1º ESO B.
Despois fixemos un roteiro por Burela e comeron na praia. Logo visitamos o Barco Museo, a asociación de xubilados do mar de Burela, A Moncloa e por último a Lonxa.
Aquí vai unha pequena mostra fotográfica. Máis nas nosa redes sociais.
SURF EN O BARQUEIRO
Enviado por loli o Xov, 16/06/2022 - 06:57
O alumnado de 3º e 4º de ESO participaron nunha xornada de surf xunto co alumnado checo do programa ERASMUS + e as alumnas ucraínas.
VISITA A PARQUE DE AVENTURA ROQ PARK DE VIVEIRO
Enviado por loli o Xov, 16/06/2022 - 06:51
O alumnado do Clube de Lectura e 2º ESO A participaron nunha xornada lúdica no Roq Park, un Parque de Aventura con diferentes circuitos entre los árboles, tirolinas, reserva de fauna etc
|
|
|
PREMIO AULAS SEN FUME 1º ESO B
Enviado por loli o Mar, 07/06/2022 - 12:17O noso alumnado de 1º ESO B acudiu a Santiago de Compostela para recoller o accesit da edición deste curso de Aulas sen Fume.
Foron acompañados pola súa titora Dolores Rodríguez Pazo e da profesora de Francés Paula Ballesteros Andrade,
Dolores además recibiu un diploma á innovación educativa.
Noraboa!!
|
|
VOZ NATURA 2022
Enviado por loli o Mér, 18/05/2022 - 07:35Fotos das actividades levadas a cabo no Proxecto Voz Natura neste curso 2021-2022.
ROTEIRO POR BURELA
Enviado por loli o Ven, 13/05/2022 - 11:49O alumnado de 3º ESO participou nun roteiro por Burela. Esta actividade estivo organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. O alumnado puido descubrir Burela da man da profesora Herminia Pernas.
Aquí vai unha mostra fotográfica do evento.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »