Extraescolares
Visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus
Enviado por loli o Mér, 11/05/2022 - 08:08Estos días temos o pracer de contar coa visita de Tomas Lasek, profesor de Educación Física no Pripotočni Praha 10, co programa #ErasmusPlus na modalidade de #jobshadowing, unha gran experiencia máis que sumar á nosa traxectoria de 20 anos de intercambios.
Participou nas reunións de coordinación de proxectos internacionais, así como nas do Equipo Directivo. Tamén mantivo encontros con outros docentes e con varios membros do Departamento de Educación Física.
Van aquí unha serie de fotografías da súa visita.
|
|
ACTIVIDADE "LAND ART"
Enviado por loli o Lun, 09/05/2022 - 12:12
LAND ART é a actividade que, promovida polo Departamento de Artes, desenvolveu esta mañá o alumnado de 3°ESO na praia, acompañados dos profesores Sonia Prado e Mario Cuevas.
Os deseños serán expostos no CENIMA de Foz dentro das exposicións adicadas a Quique Guerra.
Obradoiro de Costura Creativa
Enviado por loli o Ven, 06/05/2022 - 07:14Visita ao Perdouro
Enviado por loli o Ven, 06/05/2022 - 07:08VIAXE A MADRID E RECEPCIÓN NA EMBAIXADA CHECA
Enviado por loli o Xov, 28/04/2022 - 13:19Ester Riveira, Sergio Romero e Lucía Murados, acompañados da Directora, Carmen Castelao Cora , e da Secretaria, Eugenia Orizales, asistiron a un encontro organizado pola Embaixada da República Checa para favorecer o intercambio de experiencias Erasmus+.
Aproveitaron a viaxe a Madrid para ver a Porta do Sol, Porta de Alcalá, Cibeles, Concello de Madrid, Palacio Real, Catedral da Almudena, Xardíns de Sabatini, o Barrio das Letras e o coñecido como "Callejón del Gato",etc. Unha experiencia enriquecedora e inolvidable.
Ester, Lucía e Sergio van participar nunha mobilidade dun mes que realizarán en Praga o vindeiro setembro.
PROYECTO "STEAM": SECONDARY EDUCATION MOBILITY TECHNOLOGY ART 2021-1-ES01-KA122-SCH-000015836
Enviado por loli o Lun, 25/04/2022 - 12:48DÍA 1- CHEGADA AO AEROPORTO DE PRAHA: Os estudantes son recollidos polas familias para dar comezo a esta tan enriquecedora experiencia que os espera.
DÍA 2- VISITA AO CASTELO E A CATEDRAL CON IRENA COMO GUÍA.
DÍA 3- VISITA A VYSEHRAD CON SANTI COMO GUÍA.
DÍA 4-VISITA AO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE THERESIENSTADT EN TEREZIN CON ZUZANNA DE GUÍA
DÍA 5-VISITA SINAGOGA Y CEMENTERIO JUDIO
DÍA 6-VISITA AO MUSEO DA TÉCNICA CON IRENA COMO GUÍA E Á EXPOSICIÓN "Kinetismus" NO MUSEO KUNSTHALLECON SANTI DE GUÍA
DÍA 7-VISITA Á FÁBRICA MOSER EN KARLOVY VARY
DÍA 8-VOLTA A CASA
VIAXE Á EXPOSICIÓN DE PETER LINDBERGH DO ALUMNADO DE 2º BAC B
Enviado por loli o Xov, 24/03/2022 - 09:30O noso alumnado de 2º DE BAC de ARTES visitou na cidade da CORUÑA a exposición UNTOLD STORIES do fotógrafo Peter Lindbergh e tamén fixeron unha visita guiada á exposición ARTISTAS TEXTILES na Fundación Barrié.
Comercio con sentido
Enviado por loli o Mér, 27/10/2021 - 08:37O Venres 22 outubro, participamos co alumnado de 1º e 2º de ESO na feira de comercio xusto na praza da Mariña. O obxectivo é concienciar sobre a nosa responsabilidade como consumidores na economía global, especialmente no desenvolvemento dos países máis pobres, afectados polo colonialismo.
Xornada "Posta en valor dos oficios do mar"
Enviado por loli o Lun, 25/10/2021 - 14:27O xoves 21 de outubro o alumnado de 4º de ESO participou na Xornada "Posta en valor dos Oficios do Mar" na lonxa de Burela, organizada pola Organización de Productores Pesqueiros e Armadores de Burela.
Campus de verán do Burela FS
Enviado por Anónimo o Ven, 09/07/2010 - 13:47O IES Monte Castelo colabora co campús do Burela FS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »