OS CAMIÑOS DA TERRA , OS CAMIÑOS DO MAR

O mércores 9 de Xuño o noso alumnado de 1º ESO  viaxa a Vilalba para participar na primeira xornada do intercambio entre o noso IES e o CEIP Terra Chá.

Alí visitaron a Torre dos Andrade, o casco histórico, no polígono industrial unha empresa de formación do sector eólico e madereiro etc

Aquí vai unha pequena mostra fotográfica. Máis nas nosa redes sociais.

 

   
     

 

O 15 de Xuño o alumnado do CEIP Terra Chá visitounos e participaron co noso alumnado de 1º ESO B nunha serie de actividades. Primeiramente foron recibidos polo equipo directivo e polo alumnado de 1º ESO B.

Despois fixemos un roteiro por Burela e comeron na praia. Logo visitamos o Barco Museo, a asociación de xubilados do mar de Burela, A Moncloa e por último a Lonxa.

Aquí vai unha pequena mostra fotográfica. Máis nas nosa redes sociais.