Escolares
CELEBRANDO O DÍA DA NON VIOLENCIA
Enviado por loli o Lun, 25/10/2021 - 13:11LIGA DE CONVIVENCIA 2018-19
Enviado por Jose o Ven, 12/04/2019 - 06:19Liga de Convivencia
IES Monte Castelo 2018-19
¿Que é?
Un concurso onde participan todos os estudantes de 1º, 2º e 3º da ESO no terceiro trimestre deste curso no que gaña o grupo que obteña a mellor nota en convivencia.
¿Que hai que facer para concursar?
Todos os estudantes participan dentro do seu grupo de referencia. Nesta Liga valoraranse aspectos que teñen que ver coas actitudes que se describen nestes cadros:
O grupo presta atención e mostra interese pola materia |
O grupo traballa e trae o material |
No grupo respéctase aos compañeiros/as |
O grupo respecta a tódolos traballadores do centro |
O grupo respecta as Normas de Convivencia |
Hai compañeirismo, integración no grupo... |
A aula está limpa (agás a sucidade normal producida polo uso) |
A aula está ordenada e pódese limpar con facilidade |
O alumnado do grupo é puntual para asistir ás clases, actividades, etc. |
¿Quen pon esas notas?
O profesorado que da clase en cada grupo, o persoal de limpeza e calquera traballador do centro que informe a Xefatura de Estudos dalgunha situación que teña que ter sido en conta.
¿Como se obtén a nota final?
A finais de trimestre a Xefatura de Estudos fai reconto das puntuacións e proclama o grupo gañador.
¿Cal é o premio?
O grupo gañador recibirá como premio unha festa homenaxe a finais de xuño en lugar e data por concretar.
Para máis información consulta as bases.
A LIGA ARRINCA XA!!
Proxecto Mocidade Online
Enviado por Anónimo o Mér, 14/05/2014 - 04:15PROXECTO MOCIDADE ONLINE
O IES Monte Castelo participa no Proxecto Mocidade Online na obtención de datos sobre o uso de internet do noso alumnado.
O proxecto pretende dar a coñecer o uso de internet e as novas tecnoloxías polo alumnado dos centros de secundaria de Galicia a través dunha enquisa que se realizará desde a páxina web creada ao efecto:https://www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline/
Esta iniciativa está coordinada polos seguintes organismos: Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria (CCOU), Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Universidade de Compostela (USC) e Valedor do Pobo.
-Do 30 de abril ao 9 de maio debese xerar, dende a aplicación Xade, a listaxe coas claves de acceso para todo o alumnado de secundaria do seu centro.
-Do 13 de maio ao 30 de maio o alumando de secundaria do seu centro, empregando as claves obtidas no paso anterior, deberá completar o cuestionario, a través do seguinte enderezo web: www.edu.xunta.es/proxectomocidadeonline
Cada alumno/a introduce o seu contrasinal, persoal e intransferible. É obrigatorio que todo o alumnado resposte a todas as preguntas. Unha vez rematada a recollidad de datos, será a USC que elaborará o estudo sobre a realidade galega dos centros educativos.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por Normalización o Lun, 21/11/2011 - 09:52Día da Ciencia en Galego
Con motivo da celebración do 11 Día da Ciencia en Galego, o pasado venres 4 de novembro o noso centro participou nunha videoconferencia vía web (con chat incluído para poder realizar cuestións), impartida por Ángel Carracedo, e que tivo por título: “Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial”.
Ángel Carracedo Álvarez é, probablemente, o científico que traballa en Galicia de maior proxección internacional. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago e doutor en Medicina pola mesma institución, creou un grupo que se convirteu no líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Foi pioneiro na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante a xenética molecular, técnicas que se implantaron de forma rutinaria nos laboratorios de todo o mundo, xunto aos seus colaboradores, en casos famosos como o crime de Alcáser, o 11-M ou a identificación das víctimas do tsunami do sureste de Asia, entre moitos outros.
Con esta actividade pretendíase que o alumnado aprendese ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre as posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma. Os colectivos convocantes quixeron expresar deste xeito que as linguas, neste caso o galego, se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, a pesar de que a Consellería de Educación a excluíse como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos coa aplicación do Decreto para o Plurilingüísmo.
Entrevista a Chendo Lestao
Enviado por Anónimo o Dom, 30/01/2011 - 12:29A muller traballadora
Enviado por Anónimo o Mar, 28/04/2009 - 12:33A MULLER TRABALLADORA
Exposición Mulleres Silenciadas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9