LIGA DE CONVIVENCIA 2018-19

Liga de Convivencia

IES Monte Castelo 2018-19

 

¿Que é?

Un concurso onde participan todos os estudantes de 1º, 2º e 3º da ESO no terceiro trimestre deste curso no que gaña o grupo que obteña a mellor nota en convivencia.

¿Que hai que facer para concursar?

Todos os estudantes participan dentro do seu grupo de referencia. Nesta Liga valoraranse aspectos que teñen que ver coas actitudes que se describen nestes cadros:

O grupo presta atención e mostra interese pola materia

O grupo traballa e trae o material

No grupo respéctase aos compañeiros/as

O grupo respecta a tódolos traballadores do centro

O grupo respecta as Normas de Convivencia

Hai compañeirismo,  integración no grupo...

A aula está limpa (agás a sucidade normal producida polo uso)

A aula está ordenada e pódese limpar con facilidade

O alumnado do grupo é puntual para asistir ás clases, actividades, etc.

 

¿Quen pon esas notas?

O profesorado que da clase en cada grupo, o persoal de limpeza e calquera traballador do centro que informe a Xefatura de Estudos dalgunha situación que teña que ter sido en conta.

¿Como se obtén a nota final?

A finais de trimestre a Xefatura de Estudos fai reconto das puntuacións e proclama o grupo gañador.

¿Cal é o premio?

O grupo gañador recibirá como premio unha festa homenaxe a finais de xuño en lugar e data por concretar.

 

Para máis información consulta as bases.

 

A LIGA ARRINCA XA!!

 

AdxuntoTamaño
Liga de Convivencia sen logo.pdf269.97 KB