Orientación

Taller "Di K Non" e visita ó cárcere de Teixeiro

O martes 29 de abril alumnos e profesores do instituto visitaron as instalacións do cárcere de Teixeiro, onde puideron ver como viven os presos o seu día a día.

   
   

 

Taller "Di K Non"

Martes 22 de abril de 2014.- O alumnado do IES Monte Castelo participou nun taller educativo sobre o consumo de drogas en adolescentes, denominado "Di K Non" no auditorio do Concello de Burela. Está organizado pola Unidade Terapéutica Educativa do centro penitenciario de Teixeiro, A Coruña (UTE Teixeiro) en colaboración cos departamentos de Orientación e Filosofía.

 O Taller pretende dar a coñecer mellor a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc...

A actividade está dirixida por personal da UTE de Teixeiro e conta coa colaboración de internos, que aportan as súas vivencias persoais. Esto permite abordar o problema das drogas dunha maneira diferente á habitual. O taller inclúe representacións teatrais, reflexións dos internos e un espazo par responder a todas as preguntas e dúbidas que os asistentes queiran plantexar.

Máis información sobre o taller na páxina: http://di-k-non.blogspot.com.es/p/el-taller.html

 

 

 

 

 

 

Mentalizate 2014

Programa Mentalizate 2014

Campaña de sensibilización acerca enfermedad mental coordinada polo departamento de Orientación, e impartida por Sonia, psicóloga do Centro de Axuda ao enfermo mental da Mariña. Esta actividade foi dirixida a alumnos de 3º de ESO, Ciclo de Coidados auxiliares de enfermería de ordinaria e de adultos.

 

 

Proxecto A Mariña Emprende 2013-14

Proxecto A Mariña Emprende 2013-2014

 
“A Mariña Emprende” densenvolve na comarca o Plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia: http://www.edu.xunta.es/web/node/11730
 
30 de abril de 2014. Alumnos de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bac de Economía do noso centro visitaron a empresa "Rodabell" en San Cibrao (Cervo). Esta empresa está especializada en servizos para a industria do aluminio, traballando como empresa auxiliar da fábrica de Alcoa.
 
 
   
 
O 19 de febreiro:

Burela- Alumnado de bacharelato e ciclos do IES Monte Castelo e IES Perdouro

Mércores 19 de febreiro- O proxecto a Mariña Emprende que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e O.U. coa Fundación Alcoa e El Progreso coa colaboración do Igape mostrou ós xóvenes de Burela cómo emprender un negocio ó rematar os estudos. Un técnico do Igape impartiu unha charla na Casa da Cultura de Burela coa que pretende inculcar o espíritu emprendedor ós estudantes.

O proxecto A Mariña Emprende vense a sumar ás moitas colaboracións establecidas entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa. A proposta deste proxecto xurde como un paso máis no desenvolvemento do Plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia eduemprende.

O obxectivo principal e o fomento do espírito emprendedor entre o alumnado coa finalidade de crear empresas na Mariña así como favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.

As intervencións ao abeiro deste proxecto teñen dous receptores principais: o alumnado de ciclos formativos de FP, bacharelato e 3º e 4º da ESO e o seu profesorado pertencentes aos centros que se detallan.

IES Illa de Sarón. Xove
IES Marqués de Sargadelos. Cervo
IES María Sarmiento. Viveiro
IES Vilar Ponte. Viveiro
IES Perdouro. Burela
IES Monte Castelo. Burela
IES de Foz. Foz 
CIFP Porta da Auga. Ribadeo

Dentro das actuacións a desenvolver no proxecto están:

  • Actividades formativas para alumnado e profesorado
  • Actividades de sensibilización sobre a cultura emprendedora que abarcan intercambio de experiencias con empresarios así como visitas a empresas
  • Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
  • Visita ao viveiro de empresas do CIFP Porta da Auga

As institucións implicadas neste proxecto

  • A Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria que se encarga da coordinación e desenvolvemento do proxecto.
  • Fundación Alcoa que aporta a subvención para levar a cabo o proxecto
  • El Progreso, que divulgará todas as actuacións e resultados e publicará unha guía didáctica coa temática do espírito emprendedor, a innovación e pautas para a creación dunha empresa.

 

Resultados do proxecto

  • Contraste entre as enquisas iniciais e finais sobre as actuacións desenvolvidas.

Difusión do proxecto

A través de diferentes artigos a publicar en prensa
Páxina web: www.edu.xunta.es/fp
No Boletín educativo
Remisión aos centros participantes
Transmisión desta experiencia a outros centros da nosa comunidade

 

Máis información na páxina web:http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-proxecto-marina-emprende-2013-2014

 

 

Plan Proxecta: Clases sen fume

Vídeo da aula de 1º ESO-B "Si non paras de fumar o vicio vaiche gañar"

 

Vídeo da aula de 1º ESO-A " O cigarrillo non é o teu amigo"

 

 

Os alumnos de 1º de ESO elaboraron un slogan, que consiste nun lema cunha mensaxe positiva orientado á prevención do tabaquismo e que deberá ser acompañado dunha representación gráfica orixinal. 

Aula de 1º ESO A

   

 

Aula de 1º ESO B

   
   

 

O centro participa no Plan Proxecta 2013/2014 no programa  Clases sen fume (Nos non fumamos) para fomentar hábitos de vida saudables e valores de cidadanía responsable entre o alumnado de 1º de ESO. A profesora coordinadora é Mª Victoria Pérez Ramos.

Páxina web de Clases sen fume: http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=50117

Nova aplicación para deixar de fumar

Deixa de fumar xa!

Descárgate unha nova aplicación de móvil da Asociación Española contra o cancro que pode axudarche, Respirapp

Para máis información ver os arquivos adxuntos

 

Clases sen fume 2013

Os alumnos de 1º de ESO A e B realizaron dous vídeos para participar no concurso Clases sen fume.

 

Xornadas de Orientación Socio Laboral 2013

As décimo segundas xornadas de orientación socio laboral levaranse a cabo do 18 de abril ó 22 de xuño de 2013.

 

 

Intelixencia Emocional

Aprende o que é a Intelixencia Emocional.

 

 


Charlas sobre Prevención de drogodependencias

Durante a última semana de xaneiro os alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO realizaron obradoiros e recibiron charlas sobre drogodependencias impartida por Maite Lanza, técnica da Unidade de Prevención de drogodependencias do Concello de Burela.

Charlas informativas para bacharelato sobre o acceso á Universidade

O luns 28 de xaneiro impartironse unhas charlas informativas para alumnos de bacharelato sobre o acceso á Universidade e a oferta formativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nestas charlas impartidas por Francisco Javier López González da Escola Politécnica Superior de Lugo participaron 3 alumnos voluntarios que espuxeron o seu acceso á Universidade dende distintos ámbitos de procedencia: o traballo, ciclo superior e bacharelato.

 

Distribuir contido