Proxecto A Mariña Emprende 2013-14

Proxecto A Mariña Emprende 2013-2014

 
“A Mariña Emprende” densenvolve na comarca o Plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia: http://www.edu.xunta.es/web/node/11730
 
30 de abril de 2014. Alumnos de 3º e 4º de ESO e de 1º de Bac de Economía do noso centro visitaron a empresa "Rodabell" en San Cibrao (Cervo). Esta empresa está especializada en servizos para a industria do aluminio, traballando como empresa auxiliar da fábrica de Alcoa.
 
 
   
 
O 19 de febreiro:

Burela- Alumnado de bacharelato e ciclos do IES Monte Castelo e IES Perdouro

Mércores 19 de febreiro- O proxecto a Mariña Emprende que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e O.U. coa Fundación Alcoa e El Progreso coa colaboración do Igape mostrou ós xóvenes de Burela cómo emprender un negocio ó rematar os estudos. Un técnico do Igape impartiu unha charla na Casa da Cultura de Burela coa que pretende inculcar o espíritu emprendedor ós estudantes.

O proxecto A Mariña Emprende vense a sumar ás moitas colaboracións establecidas entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa. A proposta deste proxecto xurde como un paso máis no desenvolvemento do Plan de emprendemento do sistema educativo de Galicia eduemprende.

O obxectivo principal e o fomento do espírito emprendedor entre o alumnado coa finalidade de crear empresas na Mariña así como favorecer a responsabilidade e a autonomía persoal.

As intervencións ao abeiro deste proxecto teñen dous receptores principais: o alumnado de ciclos formativos de FP, bacharelato e 3º e 4º da ESO e o seu profesorado pertencentes aos centros que se detallan.

IES Illa de Sarón. Xove
IES Marqués de Sargadelos. Cervo
IES María Sarmiento. Viveiro
IES Vilar Ponte. Viveiro
IES Perdouro. Burela
IES Monte Castelo. Burela
IES de Foz. Foz 
CIFP Porta da Auga. Ribadeo

Dentro das actuacións a desenvolver no proxecto están:

  • Actividades formativas para alumnado e profesorado
  • Actividades de sensibilización sobre a cultura emprendedora que abarcan intercambio de experiencias con empresarios así como visitas a empresas
  • Concurso de ideas para a realización de proxectos empresariais
  • Visita ao viveiro de empresas do CIFP Porta da Auga

As institucións implicadas neste proxecto

  • A Consellería de Cultura, Educación e ordenación Universitaria que se encarga da coordinación e desenvolvemento do proxecto.
  • Fundación Alcoa que aporta a subvención para levar a cabo o proxecto
  • El Progreso, que divulgará todas as actuacións e resultados e publicará unha guía didáctica coa temática do espírito emprendedor, a innovación e pautas para a creación dunha empresa.

 

Resultados do proxecto

  • Contraste entre as enquisas iniciais e finais sobre as actuacións desenvolvidas.

Difusión do proxecto

A través de diferentes artigos a publicar en prensa
Páxina web: www.edu.xunta.es/fp
No Boletín educativo
Remisión aos centros participantes
Transmisión desta experiencia a outros centros da nosa comunidade

 

Máis información na páxina web:http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-proxecto-marina-emprende-2013-2014