Orientación
Exposición " Influir no global dende o local"
Enviado por Anónimo o Mar, 11/12/2012 - 12:50Do 5 ó 12 de decembro estará na entrada do noso centro unha exposición titulada "Influir no global dende o local" cedida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.
|
Conferencia sobre os dereitos humanos
Enviado por Anónimo o Mar, 11/12/2012 - 12:39O luns 10 de decembro os alumnos de 1º e 2º de BAC asisitiron a unha conferencia sobre "Os dereitos humanos e os obxectivos do milenio: avanzamos ou retrocedemos". Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación e tivo lugar no Auditorio municipal de Burela. A conferencia foi impartida por Roberto Mansilla, técnico do Fondo Galego e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
O obxectivo desta actividade é achegar ó alumnado información sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, unha institución pública mancomunada do poder local galego, e os seus ambiciosos proxectos sociais para concentrar esforzos a prol da cooperación internacional ao desenvolvemento.
Charla para captar emprendedores
Enviado por Anónimo o Mar, 23/10/2012 - 11:54O venres 19 de ourubro de 2012 a Cámara de Comercio organizou unha charla no IES Monte Castelo en colaboración co departamento de Orientación para captar emprendedores. Esta iniciativa o que busca é promover a vocación e aproveitar o potencial de alumnos con perfil emprendedor que desexen xestionar o seu propio negocio, así como aumentar a capacidade de transferir o coñecemento en proxectos xeradores de novas riquezas e novos postos de traballo.
XI Xornadas de orientación socio laboral
Enviado por Anónimo o Xov, 12/04/2012 - 04:26XI Xornadas de orientación socio laboral
Do 18 de abril ó 15 de xuño de 2012 impartirase o curso básico de prevención de riscos laborais que ten unha duración de 50 horas.
Presentación das xornadas o mércores 18 no instituto.
Mércores 13 de xuño: Conferencia sobre riscos específicos e a súa prevención nos coidados de enfermería (impartida por Xosé Lois López Rábade) na saúde ambiental (impartida por José Luis Fernández García) e en actividades físicas e deportivas (impartida por Alfonso Mera) |
|
Xoves 14 de xuño: Conferencia sobre planes de protección de empresas. Equipos de intervención (impartida por Mario Antuña) |
|
Programa Mentalizate
Enviado por Anónimo o Lun, 12/03/2012 - 08:57O centro de Axuda mental ao enfermo mental da Mariña presenta o 12 demarzo de 2012 o programa Mentalízate para realizar unha campaña informativa sobre a enfermidade mental a alumnos de 4º ESO e 1º do ciclo de coidados auxiliares de enfermería.
Xornada sobre igualdade
Enviado por Anónimo o Ven, 02/03/2012 - 05:42A Cámara de Comercio impartiu unha conferencia ó alumnado de 4º ESO sobre a igualdade de oportunidades no mundo laboral entre homes e mulleres a través do programa de apoio empresarial ás mulleres.
O ESPIRITO EMPRENDEDOR
Enviado por Anónimo o Mér, 23/11/2011 - 05:36A Cámara de Comercio de Lugo ofrece unhas charlas sobre o fomento do espírito emprendedor dirixidas a alumnos de 1º BAC de Economía(o martes 22 de novembro) e a 1º e 2º do Ciclo de Animación de Actividades Físicas e Deportivas(o mércores 23 de novembro).
X Xornadas Orientación Socio-Laboral
Enviado por Anónimo o Mar, 29/03/2011 - 06:55No IES Monte Castelo do 6 de abril ó 17 de xuño de 2011 celebraranse as X Xornadas de Orientación Socio-Laboral.
A psicóloga Sonia Nogueiras presenta o programa "MENTALIZATE"
Enviado por Anónimo o Mar, 15/03/2011 - 06:23A psicóloga do Centro de Axuda ao enfermo mental da Mariña Sonia Nogueiras presentará durante este mes de marzo o programa "Mentalízate" que ten como obxectivo realizar unha campaña informativa sobre a enfermidade mental:información e sensibilización.
Fotos da presentación e 1ª xornada do programa no IES