Presentación inicio de curso 24-25

03/09/2024 19:15
Atlantic/Bermuda

Toca comenzar o novo curso 24-25. Agardamos que disfrutásedes unhas boas e merecidas vacacións. 

As presentacións serán os días 11 e 12 de setembro, no horario indicado no cartel. Os titores estarán esperando por vos no hall do centro para acompañaros as aulas de referencia.

As clases comezarán o venres 13 de setembro para todos os grupos.

Bo comezo de curso!

VALIDACIÓNS CICLOS

26/07/2024 11:58
Atlantic/Bermuda

Os interesados en validar algún módulo dos ciclos formativos impartidos no centro, deberán presentar o seguinte impreso na secretaría do centro, xunto coa certificado de notas dos módulos que desexa validar.

 

MATRÍCULA 1º CICLOS FORMATIVOS. Documentación e impresos

 Documentación a presentar para a matrícula nun Ciclo Formativo:

q  Fotocopia do DNI do alumno

q  Fotocopia da tarxeta sanitaria

q  2 fotos tamaño carné

q  Certificación académica de acceso ó ciclo

q  Se é menor de 28 anos, xustificante de pago do seguro escolar a nome do alumno (1,12 euros) na conta de A Banca: ES08-2080-0183-26-3040001028

q  Autorización de imaxe (todos os alumnos): Pichar aquí

q Autorización saídas (só alumnado menor de idade): Pincha aquí

Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Ordinario)

Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería (Réxime Adultos)

- Impreso matrícula ciclo medio Coidados Auxiliares de Enfermería Dual

- Impreso matrícula ciclo superior Ensinanza e Animación Sociodeportiva

Impreso matrícula ciclo superior Química e Saúde Ambiental (Réxime Ordinario)

- Impreso matrícula ciclo superior Química e Saúde Ambiental Dual

- Impreso matrícula ciclo superior Prevención de Riscos Profesionais (Modular distancia)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/25

Adxuntamos a lista de libros de texto para o curso 2024/2025 naquelas materias que non se imparten no marco de EDIXGAL. 

Recordamos a vital importancia das Aulas Virtuais nas materias que non contan con libro de texto nin EDIXGAL como espazos para facilitar os materiais ó alumnado.

CALENDARIO DE ADMISIÓN CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2024-2025

Prazo de solicitude: do 24 de xuño de 4 de xullo (ás 13:00)

Para cubrir a solicitude e toda a información na páxina web: www.edu.xunta.ga./fp

 

 

 

Información FP dualAdmisión a FP dual | Xunta de Galicia

O Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:  https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR NA ESO. CURSO 2024-2025

AVISO:

A partir do martes 16 de xullo de 2024 están dispoñibles os vales de material para a súa recollida no centro.

 

Horario: 9:30 a 13:30 (xullo)

 

Solicitude axudas material escolar. 2024/25

(Orde do 7 de maio de 2024).  DOG do 20/05/2024.

Destinatarios:

Axudas para a adquisición de material escolar: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO con renda per cápita no ano 2022 igual ou inferior a 10000 €

Fondo solidario de libros de texto: Non hai fondo solidario  porque o centro está no proxecto E-dixgal (Libro electrónico) en toda a ESO

 A renda per cápita calcúlase sumando os recadros 435   460   da declaración da renda do ano 2022 e o resultado dividilo entre o número de membros da unidade familia (computarán por 2 os membros que acrediten unha minusvalía igual ou superior ó 33% ou percepción dunha pensión da S.Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas)

 

Lugar e prazo de presentación da solicitude:

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou na secretaría do centro ata o 21 de xuño de 2024, en horario de mañá de 9:30 a 13:30 horas e luns tarde de 16:15 a 18:00 horas.

A solicitude será única para todos os fillos que estean matriculados na ESO no noso centro para o curso 2024/25. Poderá presentarse por dúas vías:

-          Por vía electrónica, a través da sede electrónica: Procedemento  ED330B  (premer aquí)

-          Presencialmente no centro: Para descargar o impreso (Anexos I e II) premer no seguinte enlace da aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros  (premer aquí) .

 Tamén se poden  recoller os impresos na Conserxería do centro.

Documentos que  deben acompañar coa  solicitude:

CANDO AUTORICE TODAS AS CONSULTAS TELEMÁTICAS:

  •   Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a data 31/12/2022. Si non coincidira deberán presentar:

                   - Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador.
                   - Certificado de convivencia (na que consten todos os membros da unidade familiar a 31-12-2022)
                   - Informe dos servizos sociais
                  - Certificado de falecemento

CANDO NON AUTORICE NINGUNHA CONSULTA TELEMÁTICA:

  •     Identidade: copia do DNI ou NIE de todos os membros computables da unidade familiar
  •     Grao de discapacidade emitido polo órgano competente da condición de perceptor de pensión da Seguridade Social
  •     Renda Familiar: copia da declaración ou certificado tributario  do ano 2022
  •     Violencia de Xénero: Calquera das formas prevista no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo
  •     Incapacidade Xudicial (A correspondente resolución)
  •     Tutela outorgada da Xunta de Galicia (Resolución xustificativa ou carta do centro de menores).

 

Calendario Exames Probas Libres CM CAE

Calendario exames PROBAS LIBRES do Ciclo Medio en Coidados Auxiliares de Enfermería (CAE) nesta ligazón.

EXAMES ORDINARIOS ESA 2º CUADRIMESTRE E EXTRAORDINARIOS (1º CUATRIMESTRE)

20/05/2024 13:51
Atlantic/Bermuda

Consulta aquí o calendario de exames e datas de entrega de boletíns.

CLUB LECTURA DINÁMICO: “COMIENZA A SUMAR”. Benxa Soto

29/04/2024 12:14
Atlantic/Bermuda

 

 póster taller 3_0.jpg

 Tamén podes consultar o programa da actividade no documento adxunto.

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO IES MONTE CASTELO

23/04/2024 14:14
Atlantic/Bermuda

Día do libro

Cartel diseñado por Shiva Alinda Nurhakim

Distribuir contido