AXUDAS MATERIAL ESCOLAR NA ESO. CURSO 2024-2025

AVISO:

A partir do martes 16 de xullo de 2024 están dispoñibles os vales de material para a súa recollida no centro.

 

Horario: 9:30 a 13:30 (xullo)

 

Solicitude axudas material escolar. 2024/25

(Orde do 7 de maio de 2024).  DOG do 20/05/2024.

Destinatarios:

Axudas para a adquisición de material escolar: alumnado que se matricule en calquera curso de ESO con renda per cápita no ano 2022 igual ou inferior a 10000 €

Fondo solidario de libros de texto: Non hai fondo solidario  porque o centro está no proxecto E-dixgal (Libro electrónico) en toda a ESO

 A renda per cápita calcúlase sumando os recadros 435   460   da declaración da renda do ano 2022 e o resultado dividilo entre o número de membros da unidade familia (computarán por 2 os membros que acrediten unha minusvalía igual ou superior ó 33% ou percepción dunha pensión da S.Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas)

 

Lugar e prazo de presentación da solicitude:

A través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou na secretaría do centro ata o 21 de xuño de 2024, en horario de mañá de 9:30 a 13:30 horas e luns tarde de 16:15 a 18:00 horas.

A solicitude será única para todos os fillos que estean matriculados na ESO no noso centro para o curso 2024/25. Poderá presentarse por dúas vías:

-          Por vía electrónica, a través da sede electrónica: Procedemento  ED330B  (premer aquí)

-          Presencialmente no centro: Para descargar o impreso (Anexos I e II) premer no seguinte enlace da aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros  (premer aquí) .

 Tamén se poden  recoller os impresos na Conserxería do centro.

Documentos que  deben acompañar coa  solicitude:

CANDO AUTORICE TODAS AS CONSULTAS TELEMÁTICAS:

  •   Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables a data 31/12/2022. Si non coincidira deberán presentar:

                   - Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador.
                   - Certificado de convivencia (na que consten todos os membros da unidade familiar a 31-12-2022)
                   - Informe dos servizos sociais
                  - Certificado de falecemento

CANDO NON AUTORICE NINGUNHA CONSULTA TELEMÁTICA:

  •     Identidade: copia do DNI ou NIE de todos os membros computables da unidade familiar
  •     Grao de discapacidade emitido polo órgano competente da condición de perceptor de pensión da Seguridade Social
  •     Renda Familiar: copia da declaración ou certificado tributario  do ano 2022
  •     Violencia de Xénero: Calquera das formas prevista no artigo 5 da lei 11/2007 de 27 de xullo
  •     Incapacidade Xudicial (A correspondente resolución)
  •     Tutela outorgada da Xunta de Galicia (Resolución xustificativa ou carta do centro de menores).

 

AdxuntoTamaño
Solicitude ED330B.pdf3.49 MB