ADMISIÓN ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por Secretaria o Mér, 24/01/2024 - 05:15
RESERVA:
AVISO: Todo o alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilíngüe Vista Alegre que presentou solicitude de reserva de praza para 1º de ESO no IES Monte Castelo, teñen adxudicada praza.
Poden ver as listaxes no tablón de anuncios deste centro do CEIP Plurilíngüe Vista Alegre e tamén na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
O prazo de matrícula será no mes de xuño.
Está aberto o prazo de RESERVA DE PRAZA para o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilíngüe Vista Alegre de Burela que queira continuar os seus estudos de 1º de ESO no IES Monte Castelo.
A solicitude de reserva presentarase no CEIP Plurilíngüe Vista Alegre do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro.
Tamén se pode presentar pola sede electrónica da Xunta ou a través da aplicación "admisionalumnado"
ADMISIÓN
AVISO: Todo o alumnado que presentou solicitude de praza para 1º de Bacharelato e ESO no IES Monte Castelo, teñen adxudicada praza.
Poden ver as listaxes no tablón de anuncios deste centro e tamén na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
Resto de alumnado que queira realizar os seus estudos de ESO ou Bacharelato neste centro.
O prazo de presentación da solicitude será do 1 ó 20 de marzo do 2024.
Procedemento:
-
O alumnado que solicite praza no IES Monte Castelo para cursar ESO ou Bacharelato presentará o impreso de admisión a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou de forma presencial na Secretaría do centro utilizando o formulario normalizado de solicitude (Formulario ED550B), que se publica como anexo II da presente Orde do 21 de outubro de 2022.
-
Tamén se poderá presentar a solicitude a través da Sede electrónica Procedemento ED550B
-
Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Mais información na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
-
Copia DNI do alumno para o que se solicita praza.
-
Copia do libro de familia ou documento equivalente donde figure o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar
-
Certificado de matrícula do curso actual (2023-2024). Para 1º Bacharelato certificado de notas de 3º ESO.
-
En caso de separación dos pais deben acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.
Todos os datos persoais da solicitude deben coincidir exactamente cos que aparecen nos documentos de identificación (DNI, NIE, Pasaporte)
No anexo II bis debe reflexarse e asinar todos os membros da unidade familiar (no caso dos menores de idade asinaran o pai, nai ou titor/a). E o proxenitor non solicitante SEMPRE debe asinar o anexo II bis (continuación).
IMPORTANTE: A solicitude de reserva ou admisión é única e ten carácter vinculante. Poderá anularse unha solicitude de admisión presentada nun centro mediante a presentación dunha nova solicitude noutro centro, indicando expresamente por escrito que queda sen efecto a presentada con anteiroridade.
Deben marcarse, no momento de presentación da solicitude de admisión, todos os criterios que se pensan alegar para a baremación. Artigo 13 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 8 de novembro de 2022)
Si existisen mais solicitudes que prazas ofertadas, solicitaríase con posterioridade a documentación acreditativa para a baremación, pero os criterios alegados xa non se poderían modificar. O prazo para presentar no centro a documentación acreditativa, será de 10 días hábiles dende o 21 de marzo.
O número para resolver o empate na puntuación final é 0,70. Resolución 27 de febreiro de 2024
POSTOS VACANTES QUE SE OFERTAN PARA O CURSO 2024-2025: pinchar aquí
CRITERIOS BAREMACIÓN: pinchar aquí
Calendario do proceso de admisión:
Reserva de praza no centro de orixe adscrito (Presentar solicitude no CEIP Plurilíngüe Vista Alegre) | Do 15 de xaneiro ó 5 de febreiro |
Publicación listaxe definitiva do alumnado con posto reservado | 22 de febreiro |
Renuncia á asignación de praza reservada (alumnos CEIP Plurilíngüe Vista Alegre) | Antes do 28 de febreiro |
Publicación de postos vacantes | Antes do 1 de marzo |
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores |
Do 1 ó 20 de marzo |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo (se o número de solicitudes é superior o número de prazas ofertadas |
A partir do 21 de marzo (10 días hábiles) |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | 25 de abril |
Reclamacións: Realizaranse ante o Consello Escolar |
5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais |
Publicación das listaxes definitivas | 15 de maio |
En caso de solicitar praza en datas posteriores ó prazo fixado, enviaranse ó Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade |
PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS. 2024
Enviado por Secretaria o Mér, 24/01/2024 - 04:41Probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de 20 anos. 2024
Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Bacharel para maiores de vinte anos no ano 2024. DOG nº 16 do 23 de xaneiro de 2024.
Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal
e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal
- O prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será do 15 ó 28 de febreiro de 2024.
Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:
Centro EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106
- As probas terán lugar o día 26 de abril de 2024 para o alumnado de toda Galicia no IES San Clemente de Santiago de Compostela en sesións de mañá e tarde.
A proba constará de dous exercicios:
-Primeiro exercicio, de materias comúns
Lingua galega e literatura/ Lingua castelá e literatura/ Lingua estranxeira/ Historia de España/ Filosofía.
-O segundo exercicio diferente para cada modalidade, versará sobre as materias de modalidade
- Materia troncal xeral propia da modalidade elexida:
- Matemáticas I e II na modalidade de Ciencias
- Latín I e II na modalidade de Humanidades
- Matemáticas aplicadas as Ciencias Sociais I e II na modalidade de Ciencias Sociais
- Duas materias das troncais de opción da modalidade elixida.
Probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos. 2024
Enviado por Secretaria o Mér, 17/01/2024 - 05:16Convocadas as probas libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de dezaoito anos no ano 2024. DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024.
Toda a información na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal
e na páxina web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal
Prazo de presentación de solicitudes para realizar estas probas será:
Primeira Convocatoria: do 5 ó 21 de febreiro de 2024.
Segunda Convocatoria: do 8 ó 19 de abril de 2023.
Lugar para realizar a inscrición, na provincia de Lugo:
Centro EPAPU Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo. Tfno: 982 828106
Data das probas, en sesións de maña e tarde, no centro de inscrición:
Primeira Convocatoria: 12 de abril de 2024
Segunda Convocatoria: 7 de xuño de 2024
Horario:
A sesión de mañá terá dúas partes:
Na primeira parte, das 9:30 ás 12:00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que incúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Tecnoloxía e Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
Na segunda parte, das 12:15 ás 13:15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos preceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual e Música.
Na sesión de tarde, das 16:00 ás 19:00 horas, realizarase a proba do ámbito de comunicación, no cal se integran os aspectos básicos do currículo referidos das materias de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2024
Enviado por Secretaria o Mér, 10/01/2024 - 05:41Toda a información na páxina de FP: http://www.edu.xunta.gal/fp
Ligazón á aplicación informática para solicitar a inscrición: https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas
Guía do asistente informático para cubrir a solicitude de inscrición. Pinchar aquí
CLUB DE LECTURA DINÁMICO
Enviado por rocio o Mar, 19/12/2023 - 14:15O noso compañeiro Bexamín Soto lanza o Club de Lectura Dinámico.
En que consiste isto do club de lectura dinámico? Pois en que os participantes terán a posibilidade de asistir a 3 talleres nos que o propio escritor, coa axuda dalgún alumno voluntario, abordarán temas importantes tratados no seu libro "Comeza a Sumar" , pero cun enfoque mais práctico. Deste xeito, os interesados poderán completar contidos do libro, pero tamén poñelos en práctica de forma amena e guiada.
No documento adxunto tes toda a información.
Semana Erasmus Days: Voar a Europa e Máis Alá
Enviado por rocio o Dom, 05/11/2023 - 16:38Nova actividade da semana Erasmus Days "Voar a Eruropa e Máis Alá". O Equipo Erasmus, con Marcelino Luna como coordinador, presenta un proxecto en Cabo Verde, dirixido a estudantes e profesores de Formación Profesional. No acto participaron membros da nosa comunidade educativa. |
Semana Erasmus Days: Hola Praha Ahoj Burela
Enviado por rocio o Dom, 05/11/2023 - 16:26Actividade da semana Erasmus Days, que leva por título " Hola Praha Ahoj Burela". O alumnado de ESO expón as súas experiencias en mobilidade de curta e longa duración. Utilizando materiais dixitais móstranse experiencias de intercambio realizadas nos últimos 20 anos entre Burela e Praga. |
Actividades Aula de Emprendemento: "Jam de emprendemento"
Enviado por rocio o Dom, 05/11/2023 - 16:08
Taller "Jam de emprendemento" para alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva, impartido por Raquel Pedrouso.
|
Actividades Aula de Emprendemento: "Iniciativa emprendedora e traballo en equipo"
Enviado por rocio o Dom, 05/11/2023 - 15:57
Taller "Iniciativa emprendedora e traballo en equipo", outra actividade da Aula de Empredemento, impartida por Raquel Pedrouso e dirixida a alumnado do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
Visita - Intercambio do Cóllege Marcel Pagnol
Enviado por rocio o Mar, 24/10/2023 - 08:25Comezando o mes de outubro visitounos o alumnado do Còllege Marcel Pagnol de Vermand (Picardie) participante no programa de intercambio organizado por Paula Ballesteros, profesora de francés, acompañados das profesoras Laura Baussart e Laurence Frenoy. Aquí os vemos vistando Santiago de Compostela e a praia das Catedrais, exemplo das moitas actividades organizadas por Paula durante a súa estancia en Burela. Nas visitas tamén participaron outros compañeiros do centro como José Ángel García, Teresa Nécega e Dolores Rivero.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »