NOVOS CURSOS AULA MENTOR

20/11/2024 09:51
Atlantic/Bermuda


Aula MentorNova convocatoria de CURSOS EN ABERTO da AULA MENTOR.

Xa está aberto o período de matriculación do 18 ao 29 de novembro de 2024.

Son cursos GRATUITOS de 2 MESES de duración.

Os cursos ofertados son:


Linux Unhatched (CISCO)

Introducción a Internet de las cosas (CISCO)

Introducción a la Ciberseguridad (CISCO)

Emprendimiento Digital (CISCO)

Fundamentos de IA con IBM SkillsBuild (CISCO)

Introducción a la Ciencia de Datos (CISCO)

Conceptos básicos en redes (CISCO)

Iniciación a Salesforce

Administración de Salesforce

Iniciación a la Física

Non perdas esta oportunidade de formación!!

Infórmate no IES MONTE CASTELO, chama ao teléfono 982828241 ou escribe a burela@aulamentor.es.

 

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL - NIVEL INTERMEDIO

18/11/2024 20:36
Atlantic/Bermuda

Continuamos impartindo cursos de capacitación dixital

Nesta ocasión impartiremos un curso de nivel intermedio, do 27 de novembro ó 11 de decembro, de 19:00 a 22:00 h.
Características dos cursos:
Son cursos gratuítos de 30 horas. Unha vez superado obterás un certificado de asistencia e aproveitamento válido para oposicións, concursos, bolsas...
Destinatarios:
Persoas maiores de 18 anos non matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación.
 
*INFORMACIÓN E MATRÍCULA NO CENTRO A TRAVÉS DO TELÉFONO, EMAIL OU PRESENCIALMENTE*
Teléfono: 982828241
Correo electrónico: ies.monte.castelo@edu.xunta.gal.

ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR PROPOSTAS DE CONTRATACIÓN DA NOSA CAFETERÍA

18/10/2024 10:23
Atlantic/Bermuda

Aberto o prazo ata o día 12 de novembro de 2024 para presentar propostas de contratación da cafetería do IES Monte Castelo.

Nos arquivos adxuntos podes atopar o prego de cláusulas administrativas, o prego de condicións técnicas e diversos Anexos para o procedemento.

Tamén podes atopar toda a información no seguinte enlace:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=823840&lang=gl

A presentación de ofertas e solicitudes de participación levarase a cabo utilizando exclusivamente medios electrónicos, mediante o aplicativo establecido para o efecto no seguinte enderezo electrónico:

www.conselleriadefacenda.es/silex

RESPONSABLES DA ASOCIACIÓN IMPAC CV DE AMIENS VISITAN O IES MONTE CASTELO

18/10/2024 00:34
Atlantic/Bermuda

 

Dende o luns 14 ata o venres 18 de outubro, responsables da asociación IMPAC, de Amiens (Francia), visitarán Burela e a Mariña, invitados polo IES Monte Castelo de Burela e grazas a unha subvencion da Comisión Europea no marco do programa Erasmus Plus.

O presidente da asociación franco caboverdiana, que ten como obxectivo xestionar fondos europeos para o desenvolvemento da República de Cabo Verde a nivel de cooperacion ambiental e deportiva, Vladimir Mendes Borges, e un dos seus directivos Helder Belgado Borges, realizarán un programa de docencia e observación no IES MONTE CASTELO e outras institucións nas que hai presencia significativa de persoas de orixe caboverdiano.

 

 

 

 

 

 

O NOSO CENTRO FOI DISTINGUIDO CO PREMIO ANTONIO FRAGUAS

08/10/2024 09:35
Atlantic/Bermuda

O xoves día 3 de outubro, o IES Monte Castelo foi distinguido co premio Antonio Fraguas na súa XIII edición do seu Proxecto Didáctico na categoría de ensino secundario. A proposta presentada foi “A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes. O caso de Burela”.

O acto tivo lugar no Museo do Pobo Galego e ata alí desprazáronse en representación do Centro, a súa directora, Lidia Rodríguez; a vicedirectora, Rocío López; e dúas profesoras que participaron no proxecto: Herminia Pernas e Sonia Prado. Foron recibidas pola presidenta da Fundación Antonio Fraguas, Concha Losada, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen lles entregaron o premio.

Trátase dun proxecto interdisciplinar no que participan varios Departamentos: Xeografía e Historia, Artes, Linguas e Tecnoloxía xunto co Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental. Tamén están implicadas entidades e asociacións locais como as áreas de Cultura e Medioambiente do concello de Burela; a Confraría de Pescadores e as asociacións A Moncloa e Fanto Fantini, co apoio prestado polos pintores urbanos Belén Mogo e Martín Lestao.

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL

06/10/2024 21:26
Atlantic/Bermuda

O noso centro forma parte da Rede de Capacitación Dixital, polo que no vindeiro curso 2024-2025 impartiremos cursos de CAPACITACIÓN DIXITAL.

Obxectivos xerais principais dos cursos

  • Identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais.
  • Comunicar en contornas dixitais e compartir recursos propios a través de ferramentas en liña.
  • Crear e editar contidos dixitais novos.
  • Protexer a información e datos persoais.
  • Identificar necesidades de uso de recursos dixitais para ampliar coñecementos.
  • Outras necesidades da vida cotiá do noso alumnado.

Características dos cursos
Son cursos gratuítos de 30 horas en horario de tarde. Haberá varios grupos e diversas quendas e horarios. Unha vez superado obterás un certificado de asistencia e aproveitamento válido para oposicións, concursos, bolsas...

Destinatarios
Persoas maiores de 18 anos non matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA NO CENTRO A TRAVÉS DO TELÉFONO, EMAIL OU PRESENCIALMENTE

Teléfono: 982828241

Correo electrónico: ies.monte.castelo@edu.xunta.gal

Descarga aquí a ficha de inscripción.

 

¡ANÍMATE A FORMARTE CON NOS!

 

CS Prevención de Riscos Profesionais - Instruccións acceso plataforma de teleformación de FP a distancia

09/09/2024 13:28
Atlantic/Bermuda

O acceso aos cursos na Plataforma de teleformación de FP a distancia realizarase a través de https://fpadistancia.edu.xunta.gal. Para elo, o alumnado deberá dispor dunha conta de correo corporativa de edu.xunta.gal (ou edu.xunta.es) coa cal autenticarse.

No caso de que o/a alumno/a non dispoña dunha conta de correo de edu.xunta.gal, unha vez que se realiza a matrícula en Xade, un proceso automático enviará un correo electrónico coas instrucións para a activación da súa conta de correo.

O alumnado deberá completar o proceso de activación da súa conta de correo electrónico seguindo as instrucións recibidas por correo electrónico.

Nun prazo de 48 horas desde o momento en que o alumnado complete o proceso deactivación da súa conta de correo electrónico, poderá acceder aos cursos correspondentes aos módulos nos que está matriculado.

A presentación do ciclo será, de xeito presencial, o xoves 12 de setembro as 16:00 h, na aula de usos múltiples do centro. Así mesmo, para os que non lles sexa posible asistir presencialmente, haberá unha presentación online a través da plataforama de teleformación.

OFERTA FORMATIVA IES MONTE CASTELO

09/10/2024 17:59
Atlantic/Bermuda

CS Prevención de Riscos Profesionais - Presentación

11/09/2024 10:30
Atlantic/Bermuda

Aviso para todo o alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais.

A presentación presencial do ciclo será o próximo xoves 12 a 16:00 h na Aula de Usos Múltiples do centro. 

Tamén haberá unha presentación online para todos aqueles alumnos/as os que non lles sexa posible asistir presencialmente. Esta presentación realizarase a través da plataforma de formación as 17:00 h do xoves 12 de setembro.

O alumnado que ainda non pode acceder a plataforma de formación debe chamar ou enviar correo o centro para recibir instruccións de como proceder.

Bo comezo de curso!

 

Inicio das clases en ESA e Bacharelato de Adultos

04/09/2024 10:49
Atlantic/Bermuda

Comezo das clases da ESA e do Bacharelato de Adultos o venres 13 de setembro.

As clases da ESA comezarán as 16:00 h e as clases do Bacharelato de Adultos no horario específico das materias (pincha aquí para ver o horario).

Bo inicio de curso a todos!

 

Distribuir contido