You are hereActividades
Actividades
Encontro de clubs de lectura
O 24 de novembro tivo lugar en Compostela o encontro do noso club de lectura Papalibros co club de lectura Retelladores do Galiñeiro do IES Losada Diéguez da Estrada. A nosa presentación oficial foi na Biboteca Ánxel Casal de Santiago, aínda que visitamos tamén a Biblioteca da Facultade de Historia e a Cidade da Cultura. Tes máis detealles desta actividade no noso blog Papalibros
<< A SEMANA DAS CURTAS >>
O alumnado do IES de Melide, xunto con máis de 11.000 alumnos duns 80 centros educativos de toda Galicia, participa ata o próximo venres na “Semana das Curtas”, que organiza o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo, en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL.
A Semana das Curtas propón a proxección, en cada centro educativo participante, dun ciclo de curtametraxes galegas en lingua galega, estructurado en sesións temáticas de aproximadamente unha hora de duración cada unha.
Cada sesión temática consta de tres curtas, un videoclip dun grupo musical que cante en galego e unha breve peza documental de “eufalo.tv”, un proxecto colaborativo sobre a lingua e os falantes.
Ao mesmo tempo, habilitouse un espazo web (http://www.semanacurta.com/index.htm) e un blog (http://semanacurta.wordpress.com) para que o alumnado poida opinar sobre as distintas pezas. Desta manera, os mozos e mozas poderán establecer contacto entre eles, opinar sobre as filmacións que máis lles gostaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lles gustou.
Fomento do galego
O obxectivo é difundir a creación audiovisual galega e fomentar a lingua por medio de linguaxes atractivas para o alumnado. Ao mesmo tempo, servirá para promover entre o alumnado o traballo de directores e actores xoves, que en moitos casos están dando os seus primeiros pasos no ámbito creativo, ao lado de outros máis consagrados, como Isabel Risco, Luís Iglesia, Marcos Correa, Xan Cejudo, Mela Casal ou Camila Bossa, entre outros.
Trátase de visibilizar a creación artística feita no idioma galego, moitas veces invisible poa sobreoferta dos medios ou polo desinterés da propia administración, ao tempo que pode servir para incentivar ao alumnado para que elabore os seus propios proxectos audiovisuais.
PERCORRENDO A "PRAIA DOS AFOGADOS"
Dentro das actividades de animación á lectura programadas pola biblioteca en coordinación co Departamento de Lengua, o día 11 de novembro alumnos e alumnas do IES de Melide participaron nun roteiro organizado por Galaxia, para ver os escenarios onde transcorre a novela A praia dos afogados, de Domingo Villar. Esta obra está ambientada en Nigrán, nas zonas de Monteferro e Panxón, e actuaron como guías Xosé Lois Villar, presidente do Instituto de Estudos Miñoranos, que explicou as referencias ao medio mariño e as artes de pesca que aparecen na obra, e a actriz Ana Carreira, que mostrou a praia da Modorra, o templo votivo de Antonio Palacios, o porto e a lonxa, interactuando con eles/as. Xa pola tarde, o alumnado visitou a VERBUM ou Casa das Palabras, onde asistiu a un itinerario e un obradoiro relacionado coas linguas do mundo.
CONCURSO DE MICRORRELATOS EN TORNO Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Dentro do seu Plano Anual, o Equipo de Biblioteca do IES de Melide convoca un concurso de Microrrelatos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A narración curta é un xénero que está callando entre o alumnado do IES de Melide, tal como podemos comprobar nalgúns dos últimos números da revista Intres. Cantas palabras necesitamos para poder contar unha boa historia? Retamos ao alumnado do IES de Melide a que con menos de cen palabras tente chegar ao corazón dos lectores.
Velaí as BASES e desta vez ninguén se queixará do moito que ten escribir:
- Os relatos, cuxo tema xirará en torno á violencia contra as mulleres, terán unha extensión máxima de cen palabras.
- O prazo de presentación remata o venres, 26 de novembro de 2010 .
- Establécense tres premios para os tres mellores microrrelatos presentados (1º ciclo, 2º ciclo e Bacharelato e CF).
- O xurado estará formado por tres profesores/as do Equipo de Biblioteca e dous alumnos/as membros da Asociación do Alumnado.
*O xurado poderá deixar deserto/s o/s premio/s se o considera oportuno.