You are hereActividades
Actividades
ASISTENCIA Ó FESTIVAL "GALICREQUES"
O alumnado inscrito no club de lectura PAPALIBROS e o alumnado que cursa a materia de artes escénicas, achegouse a Santiago de Compostela o pasado 20 de outubro para ver Macbeth, ya somos el olvido que seremos, a cargo da compañía Alauda Teatro. Máis información nesta ligazón.
Día da Paz
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data facemos especial fincapé na necesidade de educar na tolerancia, a solidariedade, o respeto polo Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Este ano decidimos que o eixe central da nosa conmemoración debía ser o dos refuxiados co obxectivo principal de concienciar á comunidade educativa do IES de Melide sobre esta problemática de índole mundial . Tamén decidimos non concentralo nun único día e otorgarlle así a importancia que require. (ler máis)
VIAXE A VALLADOLID E SEGOVIA 2013
Esta é a viaxe que realizaron os membros do club de lectura Papalibros a Valladolid e Segovia no mes maio. En Valladolid asistimos ao TAC (Teatro y Artes de Calle), coñecimos Segovia e visitamos a Villa Romana de la Olmeda
MEMORIA HISTÓRICA NO IES DE MELIDE
No marco do tema de traballo da biblioteca para o presente curso, A viaxe e a migración, entre a curiosidade e a necesidade, o Club de Lectura Papalibros quere convidar a toda a comunidade educativa á charla titulada "Os xudeus superviventes do holocausto", impartida pola nosa lectora de inglés, Ashley Lauber, estadounidense neta de superviventes dos campos de Auschwitz-Birkenau.
Esta actividade xurdiu da lectura da novela gráfica Maus, de A. Spiegelman, por parte dos Papalibros.
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
A Asociación Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) instituiu o 24 de febreiro como "Día de Rosalía", coincidindo coa data de nacemento da autora. Este ano conmemoramos, ademais, o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
Por este motivo as alumnas e alumnos de 1º de ESO ofrecerannos un recital de poemas de Rosalía de Castro o recreo do luns 25 de febreiro na bilbioteca.
IES DE MELIDE: O MUNDO SOMOS NÓS
A semana do 7 ao 11 de maio de 2012 na biblioteca celebramos no IES de Melide a Semana da Interculturalidade. Neste días tentaremos achegarnos ás diferentes culturas e países das alumnas e alumnos do noso centro.
Consulta aquí o programa de actividades ou entra en Biblomelide, o blog da biblioteca.
Ver Interculturalidade no IES de Melide nun mapa máis grande
SEMANA DA INTERCULTURALIDADE
PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA DAS ACTIVIDADES
Máis información en http://www.biblomelide.blogspot.com
PREMIOS CONCURSO: AQUÍ CHEIRA A MORTO!
Andrea Garrido, Miriam Pumar e Cristina Vila que participaron co nome BIBLIOADICTAS (1º BAC-C) gañan o concurso do xogo de pistas: Aquí cheira a morto!.
A parella Pitinhas (1º BAC-A) formada por Uxía Varela e Lucía Álvarez acadaron a 2ª posición, mentres que Ana Ayude e Elisa Ares (ZIPI Y ZAPE) tamén de 1º BAC-A se clasificaban como terceiras.
NORABOA A TODAS ELAS E AO RESTO DE PARTICIPANTES que como premio de consolación viaxarán proximamente a Santiago para disfrutar dunha sesión cinematográfica.
AQUÍ CHEIRA A MORTO¡
PREME AQUÍ PARA VER AS BASES DO CONCURSO