You are herePromoción da Saúde / Novas

Novas


INICIATIVA SOLIDARIA AXUDA UCRAÍNA NO IES DE MELIDE

 O IES de Melide únese á iniciativa solidaria de axuda a Ucraína para a recollida de medicamentos e material sanitario, productos de hixiene, roupa de 0-4 anos, e alimentos non perecedeiros (non cristal) durante a próxima semana. Os que queirades colaborar, podedes facelo deixando as vosas achegas nas caixas que estarán situadas na entrada do instituto.

INAUGURACIÓN DOS ACTOS DO 50 ANIVERSARIO DO IES DE MELIDE

O pasado 29 de novembro puidemos asistir á inauguración da exposición e á poxa de mobles conmemorativa dos 50 anos do IES de Melide.

inauguracion

Nestes actos o alumnado do centro tivo un protagonismo especial, pois foron eles os encargados de inaugurar a exposición cunha pequena representación teatral ademais de ser os guías da xente que se achegou ó centro asomándolles unha exposición eles mesmos prepararon.

 inauguracion2

inauguracion3

 A exposición, sita no corredor principal da planta baixa do IES de Meldie, fai un pequeno percorrido pola historia do centro: fotos, notas deprensa, documentos e obxeto que amablemente distintas persoas cederon, amosan como foi a historia do instituto dende antes da súa creación ata a actualidade e como este foi evolucionando a par que a sociedade, a contorna e a tecnoloxía.  

 inauguracion4

Ás 19:00 puidemos asistir á poxa de celebración do 50 aniversario, na que Javier Iglesias e Cristina Viqueira amosaron o traballo realizado polo alumnado do Ciclo Medio de Madeira ó público asistente.

Poxa

 

Poxa público

Obradoiros culturais na semana do 3 ó 7 de abril

Este curso organizáronse no centro, coincidindo coa semana reservada para as viaxes de longa duración do 3 ó 7 de abril, uns OBRADOIROS CULTURAIS para o alumnado dos grupos máis afectados pola falta de alumnado. Un dos obxectivos destes obradoiros era que o alumnado traballara na aula dunha forma distinta á tradicional e que ó mesmo tempo coñecera distintas actividades e traballos que se están a facer no centro.

A continuación una pequena mostra do que foron estes obradoiros,

 

Obradoiro de "Música Electrónica", impartido por Mateo Mena, quen cursou estudos de inxeñaría e de música e unificou estas dúas liñas aparentemente tan apartadas de coñecemento nun obradoiro no que ademais trata de concienciar sobre a reciclaxe, amosou como con compoñentes tan sinxelos procedentes de aparatos vellos como un altofalante cables e uns clips se pode comezar a facer música.

 

 

Obradoiro de Cultura Clásica: as profesoras de cultura clásica Susana Losada e Teresa Alonso achegaro ó alumnado da ESO o obradoiro que levan o LVDI COMPOSTELLANI (OBRADOIROS DE CULTURA CLASICA) e o alumnado poido experimentar coa escrita e o vestiario na antigüedade.

 

Obradoiro de robótica: a profesora Nieves Martínez xunto co seu alumnado de robótica de 2º bach prepararon unha sesión para amosar como programar de forma sinxela que é un robot e desmostrar que iso da programación tampouco é tan complicado.

 

 

Obradoiro de impresión 3D: Nieves Martínez amousou ó alumnado como funciona a impresora 3D que recentemente acaba de chegar ó centro e que moi posiblemente dentro de poucos anos estará en moitos dos fogares e das empresas nas que traballará o noso alumnado.

 

 

Obradoiro de madeira: o alumnado de 4º ESO pasou polo taller de madeira onde o profesor Javier Iglesias explicoulles que se facía no ciclo de madeira, como traballaban os rapaces e os traballos que están a facer os alumnos e alumnas actuais do ciclo.

 

Obradoiro de fotografía: o profesor Claudio Fernández explicou ó alumnado de TIC os segredos da fotografía e preparounos para unha labor moi especial, a edición da orla de 2º BAC.

 

E para dar clausura esta semana tan intesa de traballo dúas alumnas de 2º BAC Nadia Sniba e Carlota Casal fixeron unha exposición maxistral sobre a súa perspectiva feminina da historia. Nadia e Carlota non son catedráticas nin traballan en ningunha institución pro-igualdade, son alumnas de bacharelato do noso centro e por propia iniciativa traballaron, investigaron e improvisaron sobre este tema para deixarnos a todos e todas abraiados.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NORABOA E MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN.

Videohomenaxe a Xaquín

Publicamos o vídeo de homenaxe a xaquín Yebra Pimentel realizado por o profesor do centro David Canoura

ACTOS EN LEMBRANZA A XAQUÍN

 

Sábado, 25 de outubro                             IES Melide

PROGRAMA 

11.00 h. Acto de benvida no patio do IES, coa plantación de “unha árbore para Xaquín” 

Intervencións:

  •  Dirección do IES Melide
  •  Zeltia Laia, ex-alumna, que actuará como mantedora
  •  Interpretación musical a cargo de Mini e Mero.

11.30 h. Imposición do nome de “Biblioteca Xaquín Yebra” á biblioteca do IES Melide

Recital de textos e interpretacións musicais por parte do alumnado, familiares e   compañeiras de Xaquín

12.15 h. Presentación e visionado do vídeo-homenaxe a Xaquín a cargo de David Canoura, profesor do IES Melide

12.35 h. Coloquio: “Lembrando a Xaquín”

Intervencións:

  • Zeltia Laia, ex-alumna, que actuará como mantedora
  • Quico Martínez, ex-guerrilleiro
  • Fernanda Cedrón, neta do “Guardarríos” e activista da Memoria Histórica
  • Carlos Cimadevila, organizador das “Xornadas sobre a Memoria”
  • Representante da “Eira da Xoana”
  • Representante das organizacións de presos/as, se for posible
  • Calquera persoa presente que queira contribuír ao coloquio

14.30 h. Xantar no Restaurante “Sony”, na saída de Melide cara a Santiago.  Menú: Cocido galego, pan, viño, postre e café. Prezo: 15€. As persoas que o precisen  podrerán solicitar un menú alternativo. É preferible anotarse previamente: ies.melide@edu.xunta.es

PASAMENTO DE XAQUÍN YEBRA-PIMENTEL

O domingo 27 de xullo deixounos Xaquín Yebra-Pimentel, profesor de Xeografía e Historia do IES de Melide. Somos moitos os alumnos, alumnas, profesoras e profesores, persoal non docente, pais, nais.... que non tivemos tempo para agradecerlle o moito que nos deu todos estes anos no IES de Melide.

A perda de Xaquín déixanos algo orfa a toda a comunidade escolar pola súa calidade humana. Pero ademais Xaquín era un home xeneroso coa súa inmensa cultura, achegándanos mundos descoñecidos cada vez que a cada un de nós nos traía un libro, un fermoso texto ou un obxecto marabilloso das súas coleccións de arte. Sen dúbida el era un deses homes xustos a quen dedica Jorge Luis Borges o seu poema:


Un hombre que cultiva un jardín, como quería Voltaire.
El que agradece que en la tierra haya música.
El que descubre con placer una etimología.
Dos empleados que en un café del Sur juegan un silencioso ajedrez.
El ceramista que premedita un color y una forma.
Un tipógrafo que compone bien esta página, que tal vez no le agrada
Una mujer y un hombre que leen los tercetos finales de cierto canto.
El que acaricia a un animal dormido.
El que justifica o quiere justificar un mal que le han hecho.
El que agradece que en la tierra haya Stevenson.
El que prefiere que los otros tengan razón.
Esas personas, que se ignoran, están salvando el mundo.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido