You are herecontent / Servizo de comedor escolar

Servizo de comedor escolar


 

O centro oferta o servizo de comedor escolar ao alumnado de ESO.

Este alumnado distribúese atendendo aos dous turnos nos que teñen actividade lectiva polas tardes, o 1º ciclo da ESO ós mércores e o 2º ciclo da ESO os luns.

Dado que o IES de Melide non conta con locais axeitados, o servizo préstase no CEIP nº 1 de Melide, realizando o traslado mediante transporte escolar.

A atención deste alumnado mentres non empezan as clases da tarde corre a cargo de persoal docente do IES de Melide.

A intervención do Centro irá dirixida cara a unha estructuración dos diferentes momentos, organizar o grupo de comensais (nas mesas e no tempo libre) e levar a cabo actividades que fagan deste tempo un espacio educativo.

Entre os obxectivos a conseguir destacamos:

- Adquirir hábitos que permitan unha alimentación equilibrada e saudable.

- Adquirir hábitos de comportamento social na mesa sobre hixiene e orde.

- Desenvolver unha actitude participativa cara as actividades que se organicen: estudo, lectura, internet, etc.

- Coñecer diferentes recursos que enriquezan o tempo libre do alumnado.

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido