FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Visita a Laxe

Día de Rosalía

O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Con este motivo, o alumnado de FP Básica I gravou un video recitando algúns poemas da autora.

Actividades no 21 de febreiro:

12:10-12:25 horas: plantacíon de 12 árbores autóctonas. Cada titoría do Centro (ESO, Bach., FPB e Ciclo) plantará unha árbore e lerá un poema. O profesor que teña clase nese momento baixará co seu alumnado ao lugar designado para ese curso. (Soará o timbre para avisar). Este acto está encadrado dentro das actividades do XXV Aniversario do Centro.

Vídeo sobre os Dereitos Humanos

Elaborado por 1º da ESO nas materias de inglés e historia.

Enquisa de hábitos de vida saudable curso 2019-2020

No presente curso 2019-2020 continuamos fomentando os hábitos de vida saudable no Instituto a través do proxecto Ao Son da Saúde iniciado o curso anterior. Para coñecer mellor os hábitos de vida de toda a comunidade educativa realizamos de novo unha enquisa, que nos permitirá tomar as medidas máis axeitadas a nosa realidade.

Recreos Móvete Ao Son da Saúde

Un ano máis no IES de Baio nos recreos organizamos as actividades deportivas propostas polo alumnado. Ata agora as actividades son: Bádminton, Parkour, Zumba e Tenis de Mesa. A partir de febreiro incluirase patinaxe por petición dun grupo de alumnas e alumnos.

Distribuir contido