Neste primeiro trimestre o EDL , coa colaboración do departamento de galego, organizou un concurso de haikus no que participou todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.O obxectivo era fomentar a creatividade e a poesía.
O haiku é un xénero poético de orixen xaponés e consta de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas e adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá. Finalmente fixemos unha selección dos haikus e realizamos un presentación para todo o alumnado participante, ilustrándoos con fotografías que facían referencia ao tema do haiku.
Entregáronse dous premios por curso e o agasallo foi unha libreta cun debuxo na portada realizada pola artista Susana Llorente.
Aquí tedes os haikus premiados.
1ºESO
1º premio : Mario Antelo
Ese rio canta
Aquela auga baila
Unha herba sente.
2º premio :Alejandro Blanco
Pequena folla
Caída dunha arboriña
Que soa está
2ºESO
1º premio: Teresa Cousillas
Pingas de choiva
Esvaran paseniño
Pola miña xanela,
2º premio: Noa Lema
Unha píntega
Lidiando coa morte
Cruza a estrada.
Se queres coñecer estes países preme aquí: