Normas provisionais para o uso da Biblioteca
Acaban de instalar no noso centro a aplicación MEIGA para a xestión da Biblioteca. Mentres non estea elaborado o novo catálogo seguiremos utilizando o programa Biblio para rexistrar os préstamos.
Neste momento os libros de consulta das distintas disciplinas están desordenados e hai que esperar un tempo para reorganizalos.
ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS:
As enciclopedias están situadas no espazo anexo á Biblioteca e pódense consultar solicitándoo ó/á encargado/a cando se precise.
Os dicionarios están ordenados e accesibles para o seu uso.
As películas e CD's de audio só se poderán utilizar no centro educativo.
LOCALIZACIÓN:
Os números de rexistro e as etiquetas identificativas de todo o fondo documental non están vixentes polo que só se poden localizar os LIBROS DE LECTURA como se explica a continuación:
PRÉSTAMOS:
A duración do préstamo é de 15 días.
PRENSA E OUTRAS INFORMACIÓNS:
Na sala hai cinco ordenadores con acceso a internet a disposición do alumnado para acceder á información.
Baio, a 5 de decembro de 2012