FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Concurso Con-Ciencia

 “…Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo na nosa lingua. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedic arse a ela.”

Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia.

Este curso o Departamento de Dinamización Lingüística coa colaboración dos Departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, organizou un concurso enfocado a impulsar o interese do alumnado pola ciencia en galego. Agradecemos a implicación e a alta participación do alumnado e intentaremos continuar con estas actividades en cursos vindeiros. Aquí tedes os/as gañadores/as do concurso:

- Iago Regueira Bugallo e Lucas Miñones Santos (1º ESO)

- Daniel Vázquez Rivera e Leticia Caamaño Maroñas (1º BACH B)

- Sabela Lema Rodríguez e Lucía Sánchez Suárez (1º BACH B)

Calendario de exames finais Ciclo SMR

Semana do 17 o 21 de xuño de 2019. 08.45h a 14.25h. 

 SMR1:

L - 17

M – 18

Mi – 19

X – 20

V – 21

Fol

SOM

Montaxe

Redes

Apli. Ofim.

 SMR2:

L - 17

M – 18

Mi – 19

X – 20

V – 21

Empresa

SOR

Seguridade

Redes1º + Serv. R.

Apli. Web.

Proxecto Mini Empresa PiSolucións en FP Básica

O noso IES ao longo deste curso 18/19 participa no proxecto Miniempresas Lanzadeiras Coruña co alumnado de 2º curso do Ciclo Básico en Informática de Oficina.

O proxecto ten a finalidade de que os alumnos coñezan de primeira man como é o proceso de creación dunha empresa, ademais da creación do produto final, a promoción do mesmo e ser conscientes de tódolos obstáculos que existen no desenvolvemento dun produto no mercado.

A miniempresa creada, PiSolucións, xurdiu coa idea de proporcionar diversos produtos que poidan dar solución a problemas que existen na Costa da Morte e, en xeral, no rural.

Unha vez pensada a estratexia pasouse a desenvolver cada un dos produtos que forman parte da nosa oferta inicial de solucións:

  • Pi PC: ordenador de baixo custo baseado no mini ordenador Raspberry Pi con todo o software necesario para a xestión dunha PEME do sector servizos.

  • Pi NAS: servizo de ficheiros en rede cun deseño realizado en madeira para que a súa mellor integración no negocio.

  • Pi Cámara: orientado a vixiar explotacións gandeiras e zonas de difícil accceso e ten como característica principal a súa autonomía enerxética e funcional grazas a integración dunha placa solar.

O vindeiro mércores 12 de xuño estaremos na Fase Final de co noso stand no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) presentando os nosos produtos, e así poder optar a un dos premios do proxecto Lanzadeiras Coruña.

Ligazón ao noso traballo en La Opinión de A Coruña

Páxina web da mini empresa creada PiSolucións

Premio literario da Agrupación Cultural O Facho

O alumno de 1º da ESO YAGO REGUEIRA BUGALLO vén de gañar o Premio Literario convocado pola Agrupación Cultural O Facho da Coruña, co relato “A loita pola felicidade”. O premio consistiu nunha cantidade en metálico e unha biblioteca doada polas editoriais: Laiovento, Sotelo Blanco, Xerais, Galaxia, Baía e Toxosoutos.

Un blogue para "Ao son do rural"

Grande recurso elaborado por alumnado, familias e profesorado do Centro dentro do Proxecto Ao son do rural.  http://aosondorural.wordpress.com

Fondo solidario. Axudas para libros de texto

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

Acceso á aplicación de solicitude

Acceso ao documento da orde

Recollida de léxico patrimonial

Encargo do Instituto Lingua Galega (ILG)pola participación no Proxecta “Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional”

CONSULTA TODA A INFORMACIÓN NO BLOG AO SON DO RURAL

Distribuir contido