Feminismo, diversidade, patrimonio cultural o ecoloxía conforman o traballo do día a día tanto no IES Maximino Romero de Lema como na comunidade educativa que participa e enriquece a convivencia no noso contexto rural. Proxectos como “Ao son do rural”, “Ao son delas” ou “Ao son da regueifa” veñen dando boa mostra.
O día 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poeta máis internacional. Con este motivo, o alumnado de FP Básica I gravou un video recitando algúns poemas da autora.
12:10-12:25 horas: plantacíon de 12 árbores autóctonas. Cada titoría do Centro (ESO, Bach., FPB e Ciclo) plantará unha árbore e lerá un poema. O profesor que teña clase nese momento baixará co seu alumnado ao lugar designado para ese curso. (Soará o timbre para avisar). Este acto está encadrado dentro das actividades do XXV Aniversario do Centro.