FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Programacións didácticas 2019/2020

Xa é posible consultar as programacións didácticas das distintas disciplinas que se imparten no noso Centro. 

ACCEDE AQUÍ

Samaín na Biblioteca

Desde a Biblioteca queremos informarvos de que o próximo mércores 30 de outubro de 10:45 a 11:35 horas haberá unha lectura ambientada no Samaín para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

Enreguéifate 2019

Esta pasada fin de semana celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala de entrega dos premios Enreguéifate 2019. Xente de todo o país (escolares e categoría xeral) encheron o auditorio para non deixar de rir na hora e media que durou o acto de entrega. Un acto conducido polo mestre Manolo Maseda e a regueifeira Lupe Blanco (ademais de Sechu Sende e Olaia Liñares) e que serviu para recoñecer as regueifas que máis emoción octosilábica ao longo deste curso.

Houbo 52 pezas de vídeo-regueifa, 42 na categoría escolar e 10 na categoría xeral, procedentes de varias localidades galegas (Ames, Arzúa, Baio, Baiona, Burela, Cabana de Bergantiños, Carballo, Compostela, Cuntis, Lugo, Marín, Muros, Ordes, Pontecesures, Pontevedra, Teo, Trives, Vilasantar, Xove e Vigo) e con regueifeiros e regueifeiras de todas as idades a partir dos 5 anos do grupo máis cativo.

Pero a comarca de Bergantiños demostrou o seu potencia. O alumnado de Regueifa do IES Maximino Romero de Lema e o do CEIP Labarta Pose recolleron sendos premios á regueifa máis brava e máis revindicativa. Un luxo de alumnado que incluso improvisou alí unhas coplas para mostrarlle ao mundo que teñen talento dabondo para partillar. As Marías, Ángela e Andrea (de segundo da ESO do IES) deixaron ao público sen palabras, ao gastalas todas elas regueifando.

A maiores, tamén a nosa sociedade baiesa sube na revolución regueifeira. Do Centro de Formación "O Ábaco" gañaron coa Regueifa da Costa como a mellor cantada.

Tamén levaron premio As Pataqueiras Jessica Reumiñan e a súa nai Mari, como a regueifa máis brava.

Saídas no mes de outubro

Saídas previstas para este mes de outubro:

  • Venres 18 de outubro, toda a maña: Traba (Limpeza de praias). 1º ESO.
  • Luns 28 de outubro, todo o día: Santiago (Cine Numax, Catedral). 4º ESO, 1º BACH. A, Alumnado de Arte e de Imaxe e son de 2º BACH.

Calendario escolar do Centro 2019/2020

Achegamos calendario escolar do noso Centro para o presente curso. 

Ver calendario

Actividades na biblioteca. Mes de outubro.

Visitas confirmadas pola biblioteca para conmemorar o día das bibliotecas escolares.

VER CALENDARIO E QUENDAS

Acto de concentración e lectura de manifesto

Comezo das clases

O vindeiro luns 16 de setembro comenzarán as clases en horario habitual ás 08.45h. O transporte escolar estará operativo de forma normal dende esta xornada. 

Distribuir contido