FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Escolle música para o timbre sonoro

O Departamento de Música convídavos a toda a comunidade educativa a partillar os vosos gustos musicais para facer unha lista de reprodución para todo o curso. Deste xeito, poderemos ir mudando a música dos corredores cada 15 días. Animádevos a revisar as novidades discográficas que engadimos na discoteca do centro e recomendade cancións. Ou, de ser o caso, propoñede novas músicas para implementar a nosa oferta. A carón da Biblioteca, no corredor, hai un taboleiro para facer as vosas recomencacións musicais. E lembra... sen música o mundo sería moito máis gris.

Samaín 2019

O mércores 31 de outubro celebramos un ano máis  o tradicional Samaín na Biblioteca do Instituto. Este ano contamos cuns contacontos moi especiais: os alumnos do Club de Lectura de 1º e de 2º da ESO. Foron eles os que amenizaron e aterrorizaron nesta xornada tan especial, e fixeron gozar dunha velada de relatos aorredor do Samaín, da morte, do medo, do alén... a todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. Nun primeiro momento leron tres albums ilustrados: O noso Samaín, Jack e a morte e, Dip, más allá de la oscuridad; e despois estívose traballando a oralidade contando contos de tradición popular sobre esta temática tan nosa. Tamén contamos cunha exposición de fondos relacionados con este día que todos puidemos ollar na entrada do Centro.

MÁIS INFO NO BLOG DA BIBLIOTECA>>

Magosto e Samaín

O vindeiro mércores, nas dúas últimas sesións (12,25-14,25), o alumnado de 4º da ESO organiza as actividades do Samaín e Magosto. Coma sempre venderán produtos (saúdables) no posto que terán enfronte da cafetaría e tamén repartirán gratuitamente castañas para todo o alumnado e profesorado. Así mesmo organizarán competicións deportivas no patio cuberto. Estas actividades están abertas a todos os cursos quedando á elección do profesorado de 2º Bach. e Ciclos se participan ou non.

Programacións didácticas 2019/2020

Xa é posible consultar as programacións didácticas das distintas disciplinas que se imparten no noso Centro. 

ACCEDE AQUÍ

Samaín na Biblioteca

Desde a Biblioteca queremos informarvos de que o próximo mércores 30 de outubro de 10:45 a 11:35 horas haberá unha lectura ambientada no Samaín para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

Enreguéifate 2019

Esta pasada fin de semana celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala de entrega dos premios Enreguéifate 2019. Xente de todo o país (escolares e categoría xeral) encheron o auditorio para non deixar de rir na hora e media que durou o acto de entrega. Un acto conducido polo mestre Manolo Maseda e a regueifeira Lupe Blanco (ademais de Sechu Sende e Olaia Liñares) e que serviu para recoñecer as regueifas que máis emoción octosilábica ao longo deste curso.

Houbo 52 pezas de vídeo-regueifa, 42 na categoría escolar e 10 na categoría xeral, procedentes de varias localidades galegas (Ames, Arzúa, Baio, Baiona, Burela, Cabana de Bergantiños, Carballo, Compostela, Cuntis, Lugo, Marín, Muros, Ordes, Pontecesures, Pontevedra, Teo, Trives, Vilasantar, Xove e Vigo) e con regueifeiros e regueifeiras de todas as idades a partir dos 5 anos do grupo máis cativo.

Pero a comarca de Bergantiños demostrou o seu potencia. O alumnado de Regueifa do IES Maximino Romero de Lema e o do CEIP Labarta Pose recolleron sendos premios á regueifa máis brava e máis revindicativa. Un luxo de alumnado que incluso improvisou alí unhas coplas para mostrarlle ao mundo que teñen talento dabondo para partillar. As Marías, Ángela e Andrea (de segundo da ESO do IES) deixaron ao público sen palabras, ao gastalas todas elas regueifando.

A maiores, tamén a nosa sociedade baiesa sube na revolución regueifeira. Do Centro de Formación "O Ábaco" gañaron coa Regueifa da Costa como a mellor cantada.

Tamén levaron premio As Pataqueiras Jessica Reumiñan e a súa nai Mari, como a regueifa máis brava.

Saídas no mes de outubro

Saídas previstas para este mes de outubro:

  • Venres 18 de outubro, toda a maña: Traba (Limpeza de praias). 1º ESO.
  • Luns 28 de outubro, todo o día: Santiago (Cine Numax, Catedral). 4º ESO, 1º BACH. A, Alumnado de Arte e de Imaxe e son de 2º BACH.

Calendario escolar do Centro 2019/2020

Achegamos calendario escolar do noso Centro para o presente curso. 

Ver calendario

Distribuir contido