FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Blog da Biblioteca

Para estares informado de todo o que acontece na Biblioteca do noso Instituto e de toda a actividade que se desenvolve ao seu carón, podes acceder ao Blog. 

BLOG DA BIBLIOTECA 

Escola comunitaria. I Sesión informativa TDAH.

"Bases cerebrais e neuropsicoloxía do TDAH e a súa detección na aula". Actividade destinada a toda comunidade educativa.

Luns 29 de xaneiro ás 19.00h na Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema.

Relatora: Ana Fátima Gómez Suárez, neuropsicóloga da Fundación INGADA.


MÁIS INFO

WEB DA FUNDACIÓN INGADA

Mochilas viaxeiras

Logo Mochilas viaxeiras

A partir de hoxe, xa están á vosa disposición as mochilas viaxeiras, que como novidade, este ano preséntanse baixo un formato temático. O empréstito destas mochilas queda aberto a toda a comunidade escolar, poderedes gozalas durante todo un mes!

Consulta o contido das mochilas no ficheiro adxunto ou preme AQUÍ 

Ao son delas

Foto de José Manuel Casal

O vindeiro luns, día 22 de xaneiro ás 16.30h, comezaremos o ciclo de encontros con mulleres relevantes da zona e da cultura galega. Estes faladoiros forman parte do “Proxecto Feminino Plural” que estamos a construír entre todas e todos neste curso e rematarán con un pequeno concerto da artista convidada e a súa banda aberto a toda a Comunidade Educativa. Para esta primeira ocasión contaremos con María Lista (unha percebeira de Corme) e Guadi Galego (artista e mestra de música de Cedeira). O nexo en común destas dúas mulleres -que non se coñecen entre sí- é a súa paixón polo mar. Unha con salitre atlántico e outra con salseiro do cantábrico. A idea de conxugar a enerxía destas dúas mulleres -que non se coñecen- é tentar facer chegar ao noso alumnado a paixón que desprenden pola vida e polas súas profesións. 

AVISO: A Actividade trasládase ao auditorio de Baio por problemas de loxística. 

A ACTIVIDADE NA PRENSA LOCAL:

Exposición sobre a Historia do Libro

Bo día!
Dende a Biblioteca queremos informarvos que no corredor da entrada  e durante todo o mes de outubro, haberá unha exposición sobre a Historia do Libro, feita polo alumnado do IES Fernando Esquío de Neda e por un grupo de alumnos franceses de intercambio (de aí que a información estea en castelán).
Para calquera consulta ou búsqueda de actividades sobre a exposición podedes acceder aos seguintes enlaces:
- blogfesquio.blogspot.com.es
- sites.google.com/site/exposicionhistoriadellibro  
     
Moitas grazas
Un saúdo.
O Equipo da Biblioteca

AVISO CAMBIO DO TELEFONO DO INSTITUTO

O novo número de teléfono do instituto é 881 960 015.

Distribuir contido