FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Fondo solidario. Axudas para libros de texto

ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

Acceso á aplicación de solicitude

Acceso ao documento da orde

Recollida de léxico patrimonial

Encargo do Instituto Lingua Galega (ILG)pola participación no Proxecta “Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional”

CONSULTA TODA A INFORMACIÓN NO BLOG AO SON DO RURAL

MANIFESTO DE REPULSA POLA AGRESIÓN MACHISTA ACONTECIDA HOXE EN VIMIANZO

Impotencia!!! Esa é a palabra coa que nos identificamos hoxe debido a outro lamentable feito de violencia machista, algo que avergoña a cada un/unha de nós. Monserrat López foi acoitelada esta mañá polo seu ex-noivo quen se deu á fuga, preto da cámara agraria, no concello de Vimianzo. Ela segue hospitalizada en estado grave. Os datos da violencia machista aumentan cada mes e non hai nada que o poda xustificar, só que vivimos nunha sociedade manchada por unha mentalidade obscena na que a muller aínda se ve como un ser inferior, a pesar de ser coñecedoras de que iso non é certo. Cada ano vemos como miles de mulleres en todo o mundo quedan ser voz nas mans de persoas que se adican a calalas, quizais por medo, quizais por vinganza pero nunca por valentía, porque esta palabra non vai enlazada coa morte. Realmente o que si mostra é unha covardía ao non querer solucionar os seus problemas de xeito pacífico. Entre todos e todas nós debemos loitar... Porque ninguén máis intente calarnos. Porque ninguén máis nos deixe no esquecemento. Porque ninguén máis volva a dicir que unha muller é inferior a un home. Loitar por ser nós, por vivir a nosa propia vida como gostemos. Por ser libres. Dende o alumnado de Igualdade de Xénero e toda a comunidade educativa do IES Maximino Romero de Lema, condenamos os feitos acontecidos e seguiremos empregando todas as nosas forzas e recursos, cada día, para conseguir un mundo en igualdade. Porque o activismo pode trocar o mundo!!!

Semana Cultural

Achegamos programa da Semana Cultural que terá lugar no noso IES o 13, 14 e 15 de maio.

VER PROGRAMA

Elas, as inmigrantes volven ao IES de Baio

Presentación do libro a cargo da súa autora e de dúas das protagonistas.

Visita a Cerdeimar

Visita dos alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC do departamento de Economía ás instalacións de Grupo Cerdeimar en Camariñas. Xuntos viviron unha boa experiencia na que aproveitaron para coñecer todo o proceso de elaboración de conservas.

Mostra etnográfica. Aldeas labregas e mariñeiras

Obxectos recopilados polo alumnado do centro que lembran a vida diaria na aldea labrega e mariñeira. Cada imaxe vai acompañada por versos de Manuel María e Bernardino Graña.  

VER A MOSTRA (PDF)

Concurso de Haikus

Por terceiro ano consecutivo, o  EDL coa colaboración do departamento de galego, e o equipo da bibilioteca,  organizamos un concurso de haikus no que participou todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. O haiku é un xénero poético de orixe xaponesa  e consta de tres versos sin rima, de 5, 7 e 5 sílabas e adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá. O alumnado de 1º da ESO  realizaron uns debuxos relacionados co tema do haiku, mentras que os de 2º da ESO acompañaron os haikus de fotografías da zona , divulgando asi  o noso patrimonio natural, cultural e etnográfico. Unha vez máis conseguiuse o obxectivo de fomentar a creatividade e a poesía. Finalmente, fixemos unha exposición sobre os mesmos.

CONSULTA OS PREMIOS

Distribuir contido