FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Semana da saúde

Con motivo da celebración do Día Mundial da Actividade Física (6 de abril) e do Día Mundial da Saúde (7 de abril) o alumnado de Anatomía Aplicada presenta unha serie de propostas durante esta semana:

- Elaboración dun almorzo saudable o martes 9 de abril na cafetería, en horario de 8:45 a 9:35.

- Presentación de carteis con contidos sobre alimentación e exercicio físico saudable e dos resultados da enquisa sobre hábitos de vida saudable do alumnado e profesorado do Instituto.

- Recomendacións sobre alimentación e exercicio físico e valoracion da condición física saudable do profesorado e do alumnado.

A valoración da condición física saudable pretende medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado que gardan relación coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa o alumnado e o profesorado, para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas as súas necesidades.

II Mes do libro

Admisión 2019/2020. Listaxe provisional de alumnado. Bacharelato

Achegamos listaxe provisional de admitidos para Bacharelato no curso 2019/2020.

VER LISTAXE

Premio na Feira Matemática

Outro ano máis, o Maximino Romero de Lema gaña un premio na Feira Matemática. Parabéns a Ana García Martinez de Primeiro de Bacharelato.

II Mes do libro no noso IES

Andrea Maceiras será unha das convivadas ao mes do libro

A Biblioteca prepara unha serie de encontros literarios con motivo do II Mes do Libro, que se terá lugar no noso Centro.

Consulta a axenda

Ao son do rural. Novo faladoiro.

Este luns 18 de marzo, novo faladoiro Ao son do Rural.

VER CARTAZ EN GRANDE

Xornada sobre a xestión do tempo

Hoxe tivo lugar no noso Centro unha xornada sobre a xestión do tempo destinada ao alumnado de FP Básica e Ciclo Medio, dentro do programa lanzadeiras de microempresas 2019 no que participa o noso IES.  

Vacantes no noso Centro. Curso 2019/2020

Se non podes ver ben a imaxe, PINCHA AQUÍ.

Toda información sobre o proceso de admisión. PINCHA AQUÍ.

Distribuir contido