FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Ao son delas. Carmen Riveiro e A Banda da Loba.

Cartaz, ao son delas

O vindeiro luns, día 12 de marzo, pola tarde, continuaremos no noso Centro Educativo o ciclo de encontros con mulleres relevantes da zona e da cultura galega. Estes faladoiros forman parte do “Proxecto Feminino Plural” que estamos a construír entre todas e todos neste curso e rematarán cun pequeno concerto das artistas convidadas aberto a toda a Comunidade Educativa. Para esta terceira ocasión contaremos con Carmen Riveiro (unha emprendedora do rural con maiúsculas e presidenta da Asociación Amigos do Liño) e A Banda da Loba (cinco talentos femininos que veñen para mu dar o panorama artístico galego). A actividade está aberta para todo o alumnado da ESO, 1º Bach. e FPB.

Coma na outra ocasión, o alumnado de Transporte xa será levado directamente ao Auditorio de Baio e recollido alí tamén á hora de marchar. Os que van pola súa conta dirixiranse tamén ao Auditorio sen necesidade de pasar polo Centro.

Información esencial sobre a folga do 8 de marzo

Actividades no IES en torno ao 8 de marzo. Foto de Ana García.

Achegamos toda a información sobre a folga do 8 de marzo en relación ao noso Centro. Consulta o ficheiro adxunto ao final desta publicación, para información detallada. 

O alumnado fala no 8 de marzo:

Na prensa:

Quepasanacosta.gal

Lavozdegalicia.es

Novo recurso didáctico polo alumnado de segundo de Ciclo Medio de Informática

O alumnado de segundo de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes do IES Maximino Romero de Lema, vén de crear un video tutorial que será utilizado como recurso didáctico, para compartir cos seus compañeiros e compañeiras de primeiro de Ciclo e FP Básica de Informática de Oficina, á hora de montar un panel de conexións. Ben seguro que a comunidade educativa doutros centros fará uso deste recurso, polo bo resultado e calidade do mesmo. 

Brincado coa poesía de Rosalía!

Hoxe o alumnado de Baio Brincando coa poesía de Rosalía e tecendo lazos teatrais con novelos de emocións. Seguimos aprendendo significativamente con experiencias educativas diversas. Agradecemos ao Concello de Zas que nos facilite este tipo de actividades. 

VER MÁIS IMAXES DO EVENTO

Concurso de microrrelatos

Este curso en colaboración co proxecto do contrato programa Feminino Plural, o EDL e o departamento de galego organizamos un concurso de microrrelatos entre o alumnado de 3º ESO. O obxectivo era que lle puxeran un título e a partir dunha frase inicial , elaboraran un relato dunhas 100 palabras . O tema do relato tiña que estar relacionado coa igualdade e os estereotipòs de xénero. A gañadora foi Sarai Rial Suárez, co seguinte microrrelato:

Mamá xa non facía todo..

A Xan, o meu irmán pequeno, o caldo saíalle cada vez mellor, mais era díficil conciencialo de que debía facer a comida, pasar o ferro e poñer a lavadora desde que mamá xa non estaba.

Resultáballe estraño e custoso ter que facer tres daquelas tantas tarefas que mamá facía a diario.Pero maís estraño lle parecía que papá levase toda a vida dicíndolle que non era traballo ningún manter a casa, criarnos, exercer o seu traballo e a maiores facerse cargo do pequeno que levaba dentro.

Igual esa era a razón pola que mamá non aparecía pola casa desde había varios meses.

Concurso de Haikus en 1º e 2º ESO

Dada a acollida que esta actividade tivo o curso pasado, o  EDL coa colaboración do departamento de galego, decidiu organizar, un ano máis, un concurso de haikus no que participou todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. O haiku é un xénero poético de orixe xaponesa  e consta de tres versos sin rima, de 5, 7 e 5 sílabas e adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá. O obxectivo era fomentar a creatividade e a poesía. O alumnado ademais de escribir o poema realizou un debuxo ou adxuntou unha foto relacionadas co tema do haiku. Finalmente, fixemos unha exposición sobre os mesmos.

Entregouse un premio por curso. O gañador en 1º da ESO foi Silver Lema Vázquez co seguinte haiku:

A tartaruga 

de auga doce,nada

como se nada

En 2º da ESO a gañadora foi Daniela González Moure

Caen bágoas

pantasmas na escuma

encadeada

Día de Rosalía no Centro

O venres 23 de febreiro, gustaríanos conmemorar o día de Rosalía no noso Centro coas seguintes actividades:

O profesorado que o desexe poderá recoller un cravo e un libro de Rosalía que estarán á súa disposición dende a primeira hora na Sala do Profesorado. Terán tamén á súa disposición unha copia do manifesto da AELG que será lido por alumnado do centro. Pretendemos adicarlle a hora de lectura da vindeira semana (mércores) a dita autora.

Distribuir contido