A empresa Plexus solicita CV ao alumnado que teña o título de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.
Xs interesadxs poden porse en contacto co Departamento de Recursos Humanos.
C/José Villar Granjel, Nº22-24.
15890 Santiago de Compostela.
Tel 902 998 095. Fax 902 995 280.
Benvid@s un curso máis a este portal do IES Maximino Romero de Lema. Un saúdo a todas as persoas membros da Comunidade Educativa: profesorado, familias e alumnado. Comezamos un novo curso con todo o que iso conleva: novas inquedanzas, novos proxectos, novos retos... Pasou un curso que estivo pleno de actividade cultural e formativa e que resultou ser do máis enriquecedor. Marcou un antes e un despois dentro da historia do noso Centro. O Proxecto “Feminino Plural” co seu apartado “Ao son delas” fixo posible que nos visitasen Sés, Guadi Galego, Habelas Hainas ou As Tanxugueiras que xunto con iniciativas como o supermural de Joseba Muruzábal, “Regreso á Foliada II”, fixo do curso 17-18, un curso inesquecíbel. Sabemos que todo iso non pasou desapercibido en toda a zona e fixo que durante os meses que durou o proxecto fósemos unha referencia comarcal. Pero non podemos quedarnos aí e sabemos que aínda podemos marcarnos novas metas. Coa axuda de todos: Centro, Anpa, Asociacións locais, Concello... que sempre colaboraron neste tipo de iniciativas, podemos seguir mellorando, se cabe, aínda un pouco máis.
Todo iso redundará na formación dos nosos alumnos e alumnas e fará que sexa unha educación máis inclusiva, igualitaria, integradora e o máis diversa posible.
Por último desexarvos un feliz curso 18-19 e moita forza.
O Equipo Directivo.
Horarios para o luns 17:
- 11:30 h.: Recibimento a familias e alumnado de 1º da ESO.
- 12:00 h.: Presentación do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO e FPB 1º e 2º.
- 12:30 h: Presentación de 1º e 2º Bach. e Ciclo 1º e 2º.
Todas estas presentacións na Sala de Usos Múltiples.
Nota: Para as familias con dereito a Fondolibros. En breve se comenzará co reparto de libros asignados e coa compra dos que sexan necesario ata completar o Fondo. Grazas.
Achegamos os libros de texto para o vindeiro curso. Consulta a relación dos mesmos nos ficheiros adxuntos.
Achegamos o calendario de exames da convocatoria de setembro. Podes consultalo no ficheiro adxunto.
O 21-06-2018 tivo lugar no centro un escape room educativo ambientado no mundo de Star Wars dirixido os alumnos de 4ºESO e de 1ºCiclo organizado por Leticia Riestra e coa colaboración de María Gómez, May Senra e Jesús Orosa (e con axuda de outros profesores do centro para realizar as preguntas dos rapaces).
Os alumnos de 4ºESO e de 1ºCiclo Medio de SIMIRE ficaron encerrados en dúas aulas do instituto e a través de diferentes pistas e enigmas tiveron que resolver probas para poder encontrar a chave que lles permitise saír da aula tendo un tempo límite de 90 minutos.
Estes enigmas estaban relacionados con diferentes materias aprendidas durante o curso (Bioloxía, Matemáticas e TICs no caso de 4ºESO e FOL, Redes Locais, Sistemas Operativos Monoposto e Aplicacións Ofimáticas no caso de Ciclo).
Os alumnos desfrutaron moito da experiencia así como os profesores que se implicaron en que todo saíse ben.
E para mostra, un pequeno vídeo con algúns dos momentos da experiencia
Un ano máis, e xa van 23, conseguimos, coa colaboración de alumnado e profesorado, sacar adiante outro número da revista A Cidá. O curso pasado retomabamos a edición en papel, unha experiencia moi positiva en canto ao resultado final e a participación. Partiamos ao inicio do curso da idea de realizar unha revista monográfica na que o fío condutor fose a muller. Dado que o centro estivo traballando no Contrato Programa "Feminino Plural" e no Plan Proxecta "Donas de si" sobre a igualdade e a convivencia, a nosa idea era que a revista fose unha ferramenta para dar a coñecer todas as actividades realizadas pola comunidade educativa.