O equipo da miniempresa Pi Solucións composto por Borja, Fran, Made, Manuel, Gonzalo e Abel de 2º de FPB conseguiu o 3º premio na final do concurso de miniempresas Lanzadeiras A Coruña que se levou a cabo durante o presente curso académico.
Na final presentaron os seus produtos que estiveron a desenvolver durante todo ano, os que tiñan en común facilitarlle o día a día as PEMES do rural galego.
Todos os produtos tiñan en común o uso do microordenador Raspberry PI:
• Pi PC: Ordenador de baixo custo con todo o necesario para que calquera PEME poida realizar a súa actividade económica diaria.
• Pi NAS: Servidor de ficheiros en rede de baixo custo.
• Pi Camara: Para poder vixiar o que ocorre no teu negocio por streaming independentemente do lugar onde se encontre. Ademais incorpora unha placa solar para conseguir unha autonomía máis elevada.
Dende aquí queremos dar os parabéns a todo equipo, e principalmente ós alumnos de 2º de Formación Profesional Básica pola súa dedicación e interese mostrada no proxecto.
O noso Instituto na representación do Director, Manuel Maseda, participou nunha viaxe de formación de equipos directivos a través do programa Erasmus+ en Polonia. Do que se trata é de implementar o liderado e a internacionalización dos centros, observando a través destas mobilidades as fortalezas e debilidades das direccións educativas noutros países de Europa: Polonia, Reino Unido, Suecia ou Dinamarca, entre outros. A idea é compartir as boas prácticas e atopar a forma de adaptala aos distintos centros, en tanto que, aínda que hai moitas diferenzas, tamén existen puntos en común. Das propostas metodolóxicas e dos plans de avaliación toman boa nota así mesmo.
“…Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo na nosa lingua. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedic arse a ela.”
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia.
Este curso o Departamento de Dinamización Lingüística coa colaboración dos Departamentos de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, organizou un concurso enfocado a impulsar o interese do alumnado pola ciencia en galego. Agradecemos a implicación e a alta participación do alumnado e intentaremos continuar con estas actividades en cursos vindeiros. Aquí tedes os/as gañadores/as do concurso:
- Iago Regueira Bugallo e Lucas Miñones Santos (1º ESO)
- Daniel Vázquez Rivera e Leticia Caamaño Maroñas (1º BACH B)
- Sabela Lema Rodríguez e Lucía Sánchez Suárez (1º BACH B)
Semana do 17 o 21 de xuño de 2019. 08.45h a 14.25h.
SMR1:
L - 17 |
M – 18 |
Mi – 19 |
X – 20 |
V – 21 |
Fol |
SOM |
Montaxe |
Redes |
Apli. Ofim. |
SMR2:
L - 17 |
M – 18 |
Mi – 19 |
X – 20 |
V – 21 |
Empresa |
SOR |
Seguridade |
Redes1º + Serv. R. |
Apli. Web. |
O noso IES ao longo deste curso 18/19 participa no proxecto Miniempresas Lanzadeiras Coruña co alumnado de 2º curso do Ciclo Básico en Informática de Oficina.
O proxecto ten a finalidade de que os alumnos coñezan de primeira man como é o proceso de creación dunha empresa, ademais da creación do produto final, a promoción do mesmo e ser conscientes de tódolos obstáculos que existen no desenvolvemento dun produto no mercado.
A miniempresa creada, PiSolucións, xurdiu coa idea de proporcionar diversos produtos que poidan dar solución a problemas que existen na Costa da Morte e, en xeral, no rural.
Unha vez pensada a estratexia pasouse a desenvolver cada un dos produtos que forman parte da nosa oferta inicial de solucións:
Pi PC: ordenador de baixo custo baseado no mini ordenador Raspberry Pi con todo o software necesario para a xestión dunha PEME do sector servizos.
Pi NAS: servizo de ficheiros en rede cun deseño realizado en madeira para que a súa mellor integración no negocio.
Pi Cámara: orientado a vixiar explotacións gandeiras e zonas de difícil accceso e ten como característica principal a súa autonomía enerxética e funcional grazas a integración dunha placa solar.
O vindeiro mércores 12 de xuño estaremos na Fase Final de co noso stand no CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) presentando os nosos produtos, e así poder optar a un dos premios do proxecto Lanzadeiras Coruña.
O alumno de 1º da ESO YAGO REGUEIRA BUGALLO vén de gañar o Premio Literario convocado pola Agrupación Cultural O Facho da Coruña, co relato “A loita pola felicidade”. O premio consistiu nunha cantidade en metálico e unha biblioteca doada polas editoriais: Laiovento, Sotelo Blanco, Xerais, Galaxia, Baía e Toxosoutos.
Grande recurso elaborado por alumnado, familias e profesorado do Centro dentro do Proxecto Ao son do rural. http://aosondorural.wordpress.com