FacebookSíguenos en YouTube

blogue deadmin

Manifesto 8M

Actividades con motivo do 8M

Con motivo da folga/paro internacional de mulleres convocada para o venres, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, desde o grupo de Igualdade de Xénero e desde a Comisión de Cultura e Convivencia reunida hoxe, acordamos desenvolver unha serie de accións o vindeiro xoves, 7 de marzo, que se centrarán:

Un parón educativo e solidario coa folga internacional de mulleres ás 12.12h. (soará o timbre para lembralo e se estenderá ao recreo), coa concentración do alumnado e profesorado do centro no pavillón.

Lectura dun manifesto de apoio á folga do 8M.

Entrega de adhesivos deseñado polo alumnado a prol da campaña #mobilizate8M #folgademulleres.

Rosalía Universal

Que mellor forma de conmemorar o Día de Rosalía que coso noso alumnado implicado nun recital en diferentes linguas sobre un poema da gran poetisa galega. 

Admisión. Curso 2019/2020

Consulta toda a información sobre o proceso de adminisión para o curso 2019/2020

NOTA INFORMATIVA

PROCESO DE ADMINSIÓN

APLICACIÓN ADMISIONALUMNADO (EDU.XUNTA.GAL)

Visita ao Númax para ver Visages, villages

Cinema Númax Compostela

Visages, villages (Caras e lugares), foi o filme escollido polo Departamento de Francés para unha nova visita ao cinema compostelán Númax o pasado venres, 15 de novembro, xunto cos Dptos de Música, Historia e Educación Física.

O alumnado do segundo ciclo da ESO e de Bacharelato que asistiu á proxección, destacou a orixinalidade deste filme a medio camiño entre documental e ficción, así como o magnetismo da personalidade dos seus protagonistas: a octoxenaria Agnès Varda, unha directora pioneira da Nouvelle Vague que segue en activo, e o artista plástico trintañeiro JR.

A relación de complicidade, á vez entrañable e divertida, entre ambos os dous, chamou a atención do noso alumnado, así como a música do filme e sobre todo as fotografías de gran formato que empapelan as superficies máis inverosímiles, desde fachadas e depósitos de auga ata vagóns de mercancías, galpóns e contenedores.

Especialmente emocionante resultoulles a entrevista coa última moradora dun antigo barrio mineiro, homenaxeada cun inmenso retrato que recubre a fachada da súa casa.

Caras e lugares constitúe un mosaico xeográfico e humano moi singular, que aconsellamos a todas aquelas persoas sabedoras de que o universal non é máis que o local sen paredes.

Actos Día de Rosalía

En colaboración co equipo da biblioteca e o seminario de galego queremos celebrar o aniversario do nacemento da autora con diferentes actividades :

- Lectura en todas as aulas do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2019.

- Paneis con versos de Rosalía. Os cursos da ESO e FP Básica lerán a obra de Rosalía na aula e escollerán os seus versos favoritos, que despois escribirán nus paneis na entrada do centro.

- Exposición da obra de Rosalía e de fondos bibliográficos relacionados con Rosalía.

- Gravación dun video con versos de Rosalía en diferentes idiomas. No video o alumnado recitará os catro primeiros versos de “Adiós ríos, adiós fontes” en galego, castelán, francés, inglés, chinés e romanés.

- Exposición de retratos de Rosalía elaborados con distintas técnicas.

- Marcapáxinas de Rosalía. Durante a semana do 18 ao 22 de febreiro, con cada préstamo dun libro en lingua galega entregarase un marcapáxinas conmemorativo.

Encontro con Jordi Sierra i Fabra

Dende a biblioteca queremos recordarvos que o martes 26 de febreiro terá lugar o Encontro Literario co escritor Jordi Sierra i Fabra no auditorio de Baio para todo o alumnado da ESO e de FP Básica I e II. A hora de saída do Centro será ás 11:35 horas, e a de regreso aproximadamente ás 14:00. O profesorado acompañante: Trini López, Ana Facal, Marian Abad, Hortensia Román, Alejo Figueroa. A actividade está aberta a todo o profesorado do Centro que desexe asistir. A este encontro tamén está convidado o alumnado da ESO do CPI de Zas.

Ao son do rural en directo

A través da seguinte ligazón, poderás escoitar a primeira actividade de Ao son do Rural. Dende as 12.30h do 2 de febreiro. 

Conexión en directo

Distribuir contido