O 21-06-2018 tivo lugar no centro un escape room educativo ambientado no mundo de Star Wars dirixido os alumnos de 4ºESO e de 1ºCiclo organizado por Leticia Riestra e coa colaboración de María Gómez, May Senra e Jesús Orosa (e con axuda de outros profesores do centro para realizar as preguntas dos rapaces).
Os alumnos de 4ºESO e de 1ºCiclo Medio de SIMIRE ficaron encerrados en dúas aulas do instituto e a través de diferentes pistas e enigmas tiveron que resolver probas para poder encontrar a chave que lles permitise saír da aula tendo un tempo límite de 90 minutos.
Estes enigmas estaban relacionados con diferentes materias aprendidas durante o curso (Bioloxía, Matemáticas e TICs no caso de 4ºESO e FOL, Redes Locais, Sistemas Operativos Monoposto e Aplicacións Ofimáticas no caso de Ciclo).
Os alumnos desfrutaron moito da experiencia así como os profesores que se implicaron en que todo saíse ben.
E para mostra, un pequeno vídeo con algúns dos momentos da experiencia